
Destaca especialmente febreiro, un mes marcado pola influencia de varias borrascas moi activas e as súas frontes asociadas que explican que chovera un 139% máis do habitual, anomalía similar á dos anos 2014 e 2016.
Tamén decembro foi un mes moi húmido, cun 67% máis de chuvias do esperado, mentres que xaneiro saldouse cun 37% máis de chuvia do previsible nesta época, polo que o período caracterizouse como húmido.
O comportamento destes tres meses explican que, no seu conxunto, o inverno climatolóxico se considere con carácter xeral en toda Galicia como moi húmido, cun valor medio das precipitacións de 853 litros por metro cadrado.
En todo caso, os valores máis altos concentráronse en gran parte do oeste da Comunidade, pero tamén en zonas montañosas das provincias de Lugo e Ourense, onde se chegaron a superar os 2.500 l/m2. No extremo contrario situouse a comarca de Valdeorras, onde nin sequera se alcanzaron os 250 l/m2 neste mesmo período.
Comportamento das temperaturas
Polo que respecta ás temperaturas, o inverno climatolóxico que acaba de rematar mantívose en Galicia dentro de valores normais para esta época do ano. Deste xeito, a temperatura media no período decembro-xaneiro-febreiro situouse en 8,8 graos, un dato dentro da normalidade se se compara coa serie histórica representativa.
En canto ao comportamento das temperaturas por zonas xeográficas, os valores máis extremos localizáronse no Macizo central ourensán e en Pena Trevinca, con datos próximos aos -0,8 graos; e no litoral da Comunidade, onde precisamente pola proximidade do mar acadáronse temperaturas medias de case 12 graos.
Tendo en conta os valores medios do período que se toma como referencia (1981-2010), o comportamento das temperaturas este inverno moveuse en cifras moi próximas ás habituais. Isto debeuse a que as máximas foron lixeiramente frías, situándose en 0,41 graos por debaixo do normal, mentres que as mínimas foron moi cálidas, acadando valores 1,06 graos por riba da media histórica e que permitiron compensar o dato anterior.
Deste xeito, a anomalía da temperatura media para o conxunto da Comunidade foi de apenas 0,32 graos, un dato que contrasta co comportamento do inverno precedente, moito máis cálido e durante o cal os valores medios superaron en 1,31 graos o dato do período de referencia.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta destinará un total de 270 millóns de euros a paliar os efectos do conflito en Oriente Medio na nosa comunidade. Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia en resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, o titular do Goberno galego lembrou, ao respecto da situación en Oriente Medio, que o Consello da Xunta xa analizou hai dúas semanas 'os primeiros impactos' e que Galicia foi 'a primeira comunidade autónoma en falar cos clústeres'. Nesta liña, o presidente anunciou que o vindeiro Consello autorizará 'un plan de máis de 150 millóns' para atender aos sectores afectados, que se sumará aos máis de 120 millóns que suporá para Galicia financiar as iniciativas do Goberno central a este respecto.
Para a edición de 2026, chegan desde o outro lado do Atlántico La Cura e El Vacío (ambas estreas en España), nas que o coreógrafo cubano Julio César Iglesias dirixe á prestixiosa Compañía Colombiana de Danza Contemporánea. Tamén a conferencia escénica Arder Épica (Cap. 1) na que o artista brasileiro Reinaldo Ribeiro constrúe unha nova memoria colectiva a partir das cinzas que deixou o incendio do Museo Nacional do Brasil en 2018. Forma parte tamén da programación a instalación inmersiva Hecatombe II: Movementos e rituais para a renovación do mundo, da colombiana de orixe indíxena Martha Hincapié Charry, que rescata saberes ancestrais de líderes nativos das primeiras nacións americanas.