
No que atinxe ao nivel alto, o responsable da Sanidade galega especificou que os concellos de Miño, Ponteceso, Sobrado, Arteixo, Cambados, Ponte Caldelas, Mos,Vilanova de Arousa, Guitiriz, Lourenzá, Paradela, Cariño e Mugardos pasarán a integrar a listaxe de municipios deste nivel.
Nos restantes concellos galegos rexerán as medidas do nivel medio.
Durante a súa intervención, García Comesaña solicitou a colaboración de toda a cidadanía á hora de cumprir as medidas establecidas co ánimo de poder continuar coa boa evolución epidemiolóxica que esta a ter a comunidade galega nas últimas datas.
Respecto da ocupación hospitalaria, o xerente do Sergas, José Flores, remarcou que na presión asistencial dos centros sanitarios galegos observase unha melloría reseñable dos datos, en comparación con hai unha semanas, explicando que na actualidade son 311 as camas ocupadas por pacientes covid, e que hai 89 pacientes que precisan asistencia nas unidades de coidados intensivos.
No que atinxe aos datos epidemiolóxicos, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, sinalou que segue a aumentar o número de concellos sen novos casos identificados nos últimos 14 días e o número reprodutivo instantáneo fica situado nestes intres, por debaixo do 0,8%. Ademais, doutora Durán especificou que a incidencia acumulada en Galicia a 14 días é de 114 casos por 100.000 habitantes, e de 44, na súa evolución a 7 días.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.