
Neste sentido, o concello pontevedrés de Soutomaior será o único municipio de Galicia que permanecerá no nivel máximo de restricións. Ademais, os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás ficarán no nivel alto. Os restantes concellos galegos situaranse no nivel medio.
Tras realizar un repaso do nivel asistencial dos centros sanitarios galegos, o xerente do Sergas, José Flores, remarcou que neste momento a presión asistencial é un condicionante que está a incidir na posibilidade de aminorar as restricións, nomeadamente, nas áreas de Coruña e Pontevedra. Asimesmo, Flores destacou o importante descenso que se rexistrou na ocupación media dos hospitais galegos por mor da covid-19, situándose nestes intres no 5% no caso das unidades de hospitalización e, no 13% no caso das UCI.
Pola súa banda, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, salientou a mellora substancial dos datos epidemiolóxicos de Galicia no seu conxunto, respecto das cifras de hai dúas semanas. Así, destacou que dos 313 concellos galegos, 91 deles non contaron con ningún novo caso por coronavirus nos últimos 14 días; e que nas últimas 7 xornadas, en 165 municipios tampouco se rexistraron novos positivos.
Durante a súa intervención, Durán tamén puxo o foco en que Galicia posúe arestora un nivel de reprodutividade instantáneo do 0.8% e que, a taxa de positividade por PCR se sitúa no 37%, moi por debaixo do 649% da media española.
No que atinxe ás novas variables da covid-19, a responsable de Saúde Publica salientou que a comunidade galega conta neste intres con 90 casos secuenciados da denominada cepa británica, 1 caso da cepa surafricana e, 1 caso da cepa brasileira, este último aínda en estudo.
No peche da rolda prensa, o conselleiro de Sanidade agradeceu de novo o excelente traballo realizado por todos os profesionais do ámbito sanitario cuxo esforzo e dedicación, permite comezar a aliviar as restricións, cando estamos a piques de cumprir xa un ano de pandemia. Así mesmo, valorou o importante labor do membros do Comité Clínico e o comportamento prudente e con sentidiño que amosa a meirande parte da cidadanía galega.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.