
Así mesmo, estas cuestións foron trasladadas ao Comité Educativo esta mesma mañá. En concreto, a primeira fase das probas desenvolverase do 19 ao 25 de xuño de xeito escalonado para evitar a concorrencia dun elevado número de persoas nun mesmo lugar. Os tribunais, a través da web da Consellería, comunicarán a data de realización da proba, a hora e o lugar. No referido á realización da parte práctica da proba, a data fíxaa cada tribunal, aínda que o límite para rematar todo o proceso será o 23 de xullo.
No que respecta ao número de sedes, ademais de celebrar as probas nas sete cidades, como vén sendo habitual, ampliarase a realización das probas dalgunhas das especialidades a outras vilas. Os lugares aínda se están a perfilar, pero buscaranse vilas con boas conexións, en aras dunha maior comodidade para os opositores.
Persoal mobilizado
O conselleiro explicou tamén que este ano se dobrará o número de tribunais, que pasan dos 163 que houbo en 2019 ao 359 este ano, o que supón un incremento do 120%. Deste xeito, redúcese de forma significativa o número de persoas opositoras por tribunal, en concreto nun terzo (32%): de 109 no ano 2019 a 74 este ano. Este incremento de tribunais suporá mobilizar a máis de 3.500 profesores entre titulares e suplentes.
A convocatoria máis ampla
O obxectivo das devanditas medidas é garantir a seguridade sanitaria nesta convocatoria, a que máis prazas inclúe da historia neste eido, con 3.894 prazas tras a ampliación (en 240 novas prazas) da oferta pública de emprego no corpo de profesores técnicos de FP.
Tamén será a primeira OPE do ensino realizada en pandemia, tras adiarse os exames o ano pasado pola situación sanitaria. O número de persoas inscritas ascende a 26.744, un 50% máis quen 2019, cando se presentaron 17.814.
A Consellería de Educación comezou xa os contactos cos sindicatos para trasladarlles todos os detalles do procedemento, que contará cun protocolo de seguridade sanitario, en liña coas oposición da Xunta, aínda que adaptado ás particularidades propias das oposicións do ensino. En calquera caso, o texto definitivo publicarase antes da celebración das probas, cunha antelación suficiente.
Auxiliares de conversa de 20 países
Román Rodríguez explicou eses detalles esta mañá, antes dunha recepción telemática coa que quixo dar a benvida aos 617 auxiliares de conversa que están a prestar servizo este curso no sistema educativo galego.
Na súa intervención, o conselleiro de Educación destacou que Galicia ten a sorte de contar cun sistema educativo do que nos sentimos profundamente orgullosos por moitos motivos, entre os que fixo fincapé na verdadeira transformación na última década na aprendizaxe en linguas estranxeiras, tarefa na que os auxiliares de conversa e os asesores de idiomas xogades un papel fundamental, sinalou.
Román Rodríguez lembrou que a Xunta leva anos apoiando decididamente este programa por entender que a súa tarefa vai moito máis alá do que implica contribuír á ensinanza de idiomas dos nosos alumnos, achegándolles realidades lingüísticas e culturais diferentes.
Neste sentido, puxo en valor o esforzo feito este curso no que, malia o actual contexto de crise sanitaria, se reforzou o programa poñendo en marcha por vez primeira unha formación específica para axudar a coordinadores e auxiliares a exercer o seu labor, mantendo ademais o número de auxiliares, de ata 20 nacionalidades, que contribúen ao ensino de linguas como o inglés, o francés, o alemán, o chinés, o ruso ou o portugués.
O conselleiro sinalou, ademais, que o nivel de satisfacción que existe entre o profesorado coordinador desta iniciativa é do 98,75%, o que avala o éxito do programa, e recordou que o apoio dos auxiliares permite que o alumnado colleite bos resultados en materia de competencias en linguas estranxeiras. Non en balde, ata un 84% dos estudantes presentados logrou acreditar o seu nivel de inglés nas últimas probas de certificación convocadas polo Trinity College.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.