
A nivel provincial, tódalas provincias acadan importantes descensos, máis destacable no caso da Coruña, onde a taxa baixa ata o 28,7 (infraccións penais por 1.000 habitantes), 3 puntos menos respecto ao periodo anterior. Pontevedra acumula un descenso de 1,8 puntos ata os 28,8 casos por cada 1.000 habitantes. En canto a Lugo, descende 1,6 puntos ata o 21,1, e Ourense, rexistra 2,3 puntos menos ata 24,3 infraccións penais por cada 1.000 habitantes.
A taxa de criminalidade en Galicia descende en paralelo á diminución de infraccións penais acumuladas. Entre xaneiro e decembro do pasado ano os casos coñecidos polos Corpos e Fozas de Seguridade en Galicia foron 80.024, un 7,9% menos que no ano 2019 (6.314 infraccións menos). Javier Losada salientou que da totalidade de infraccións penais, as cateogorías principais descenderon máis dun 18%: falamos de delictos moi graves ou graves que provocan maior preocupación entre a cidadanía como os roubos con violencia ou forza, os homicidios, os delictos de tipo sexual e os furtos.
En canto á tipoloxía dos delitos, o delegado do Goberno apunta que os maiores descensos dánse en roubos e furtos. Tamén diminúen os delitos contra a liberdade sexual e os homicidios que descenden máis dun 31%.
Pola contra, aumentan as infraccións penais de tipo económico. Javier Losada volveu advertir sobre o crecemento das estafas, principalmente as de tipo bancario e os delictos vencellados ao branqueo de capitais.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.