
Os orzamentos da Xunta para 2021 que entran en vigor permitirán seguir combatendo a pandemia, impulsar a reactivación económica e atender as necesidades de familias, pemes e autónomos. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2021 e a Lei de medidas fiscais e administrativas.
A principal novidade dos Orzamentos de 2021 é que Galicia vai dispoñer de catro novos fondos que lle permiten contar á súa vez con novos instrumentos para acometer os retos aos que se ten que afrontar a comunidade galega.
Estes instrumentos son o Fondo Covid dotado con 503 millóns de euros destinados a seguir combatendo a pandemia, o fondo REACT-EU que conta cun importe de 430 millóns para impulsar a reactivación económica e o emprego; o Fondo de Garantía de Infraestruturas Sanitarias, de carácter plurianual que está dotado con 105 millóns de euros no ano 2021 para financiar durante toda a lexislatura a construción e reforma de infraestruturas sanitarias; e o Fondo Consenso cunha dotación de 115 millóns de euros para financiar os proxectos de investimento acordados no marco da Comisión parlamentaria de reactivación económica, no marco do Diálogo Social e nas recomendacións do Comité de Expertos Económicos de Galicia.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.