
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lamentou que o número de doses que chegarán o domingo a Galicia non sexa suficiente para comenzar a campaña de vacinación segundo o previsto.
Así mesmo, e segundo se informou no Consello Interterritorial, a segunda entrega de doses para Galicia chegará o vindeiro luns, cunha cantidade aproximada de 18.000 novas doses. Con todo, estas doses non poderán empregarse até a xornada do martes, debido aos prazos que precisa a vacina para desconxelarse, e así poder subministrarla.
Por outra banda, García Comesaña subliñou que a cadencia das vacinas será sostida, algo fundamental á hora de xestionar a loxística do plan deseñado polo Servizo Galego de Saúde.
Sobre o reparto das doses por comunidades, o titular da carteira de Sanidade, insiste en que o criterio que debe primar é a porcentaxe de persoas maiores de 65 anos de cada comunidade autónoma, dado que son a poboación máis vulnerable. Son a prioridade, e en Galicia hai mais de 750.000 maiores de 65 anos, ou o que é o mesmo, o 25% da poboación.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.