Noticias

Galicia subliña o compromiso cos obxectivos de desenvolvemento sostible e propón un pacto nacional pola Axenda 2030

A Xunta de Galicia reivindicou hoxe o papel de liderado asumido por esta Comunidade autónoma nos últimos anos de cara ao cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostibles (ODS) impulsados polas Nacións Unidas no ano 2015 co fin de avanzar cara a un mundo máis xusto e sustentable a través do impulso de iniciativas, políticas e programas específicos desde diferentes ámbitos. Así o defendeu esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a súa intervención representando a Galicia na reunión telemática da Conferencia Sectorial sobre a Axenda 2030 convocada pola Vicepresidencia Segunda do Goberno.

Vázquez Mejuto lembrou o traballo feito neste eido desde o ano 2017, cando a Xunta empezou a traballar na adopción en clave autonómica dos chamados ODS, adiantándose deste xeito incluso ao Plan de Acción para a Axenda 2030 impulsado polo Executivo central.

En todo caso e tras reivindicar a idiosincrasia de cada comunidade autónoma á hora de afrontar os retos marcados pola ONU en materia de sostibilidade, a conselleira tamén incidiu en que o obxectivo debe ser acadar o avance conxunto de todo o país. Para facelo, propuxo completar o devandito Plan de Acción cun Pacto Nacional no que se fixen e clarifiquen os obxectivos e mecanismos que permitan o cumprimento desta folla de ruta universal e, sobre todo, o financiamento necesario para logralo en condicións de equidade en todo o país.

Comisión Interdepartamental e primeira diagnose

Cómpre lembrar que a Xunta presentou o primeiro informe de diagnose sobre a aplicación en Galicia dos ODS o pasado mes de novembro no marco dunha reunión da Comisión Interdepartamental para o seguimento da Axenda 2030, un órgano creado a comezos de 2019 e que integran máis de 30 representantes de todos os departamentos da Xunta.

Grazas á diagnose realizada, a responsable autonómica subliñou que Galicia coñece non só o estado actual da comunidade con respecto ás metas fixadas polas Nacións Unidas a través da Axenda 2030 e dos seus 17 ODS, senón que tamén pode identificar oportunidades de mellora de cara ao futuro.

Nesta liña, lembrou que un dos principais obstáculos cos que a Xunta se ten topado á hora de facer este exercicio de diagnose é que a ONU non fixa obxectivos concretos e cuantitativos a acadar na próxima década.

Por este motivo, considerou imprescindible buscar a nivel nacional “un consenso” sobre cal é o punto de partida” e a “cuantificación” que se quere acadar no horizonte do ano 2030 para cada un dos indicadores de desenvolvemento sostible establecidos.

Así, Ángeles Vázquez avogou por determinar en que grao e con que actuacións poden contribuír as comunidades autónomas á perspectiva de España e á súa vez, á perspectiva global sobre a Axenda 2030. E con este fin, emprazou ao Estado a garantir unha comunicación fluída e bidireccional entre todas as administracións implicadas para poder constituír unha verdadeira plataforma de intercambio e coordinación nesta materia.

R., 2020-12-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES