Noticias

A primeira edición dos Premios Galicia de Acción Voluntaria homenaxea o traballo das persoas voluntarias durante a pandemia

Entregáronse os galardóns aos gañadores da primeira edición dos Premios Galicia de Acción Voluntaria, que nacen co obxectivo de homenaxear o traballo das persoas voluntarias durante a pandemia. O acto de entrega tivo lugar na cidade herculina. A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que Galicia é un lugar máis “agradable e solidario” gracias ao labor que realizan de xeito desinteresado e silencioso as máis de 9.000 voluntarias e voluntarios que participan nos programas postos en marcha pola Xunta.

Así, puxo en valor o esforzo que realizaron durante os últimos anos as persoas e entidades premiadas nesta primeira edición, e moi especialmente durante este ano 2020, no que as consecuencias económicas e sociais da pandemia “demostraron con máis claridade a súa vital importancia”.

Os Premios Galicia de Acción Voluntaria, dotados con 4.000 euros cada un, recaeron sobre persoas e entidades cuxo traballo foi destacado durante os últimos anos, e máis especialmente durante este 2020. O premio á voluntaria ou voluntario do ano foi entregado a Sofía Prol Rodríguez, unha moza santiaguesa que realiza unha intensa acción voluntaria en distintos ámbitos; o premio á entidade de acción voluntaria do ano foi para a ONG Mestura polo seu traballo na orientación e acompañamento a persoas en risco de exclusión; e premio ao mellor proxecto de acción voluntaria do ano recibiuno a Fundación Juan Soñador, por transmitir á mocidade o valor do voluntariado desde distintos eidos.

Máis de 1.000 entidades rexistradas

Fabiola García destacou que Galicia segue sendo unha das comunidades máis solidarias de España. Ademais de contar con máis de 9.000 persoas voluntarias nos programas impulsados polo Goberno galego, actualmente existen máis de 1.000 entidades dadas de alta no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Durante os meses de confinamento, o Executivo autonómico intensificou a formación e as iniciativas para que as persoas interesadas puideran axudar a aqueles colectivos que peor o estaban a pasar. Así, no Plan de formación online chegaron a participar máis de 3.000 persoas e o servizo de acompañamento telefónico mobilizou a 100 voluntarias e voluntarios.

R., 2020-12-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES