Noticias

Galicia contará cun equipo con máis de 200 profesionais de enfermería para coordinar a vacinación da covid, que na primeira fase inmunizará a máis de 40.000 persoas de colectivos prioritarios

Este equipo estará formado por 207 profesionais de enfermería dedicados exclusivamente á vacinación, cuxa adscrición será voluntaria. E os profesionais procederán do persoal de enfermería con experiencia acreditada en vacinación que, ademais, recibirán unha formación específica para chegar a ser persoal experto na vacina covid. Cómpre salientar que baixo a coordinación deste equipo estarán: máis de 2.000 efectivos de enfermería de atención primaria, que vacinarán da covid aos pacientes das súas cotas; e preto de 40 efectivos máis dos servizos de enfermería preventiva e unidades de prevención de riscos laborais, que se encargarán da vacinación do persoal de centros hospitalarios.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, destacou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que Galicia contará cun equipo con máis de 200 profesionais de enfermería para coordinar a campaña de vacinación da covid. Se ben a Comunidade está á espera de coñecer con exactitude cando se poderá iniciar a campaña, Rueda afirmou que Galicia vai estar preparada para comezar coa vacinación de inmediato.

Contamos con recibir as primeiras doses despois da aprobación por parte da Axencia Europea do Medicamento, dixo, lembrando que a primeira das vacinas que chegarán será a de Pfizer/BioNTech, avaliada con ensaios clínicos realizados en seis países, nos que participaron arredor de 44.000 persoas, e que conta cunha eficacia estimada para previr a enfermidade dun 95%.

O obxectivo da Xunta, segundo explicou o vicepresidente primeiro, será o de vacinar nun primeiro estadio a máis de 40.000 cidadáns, ao ser necesarias dúas doses para que a vacina sexa efectiva. “Sen dúbida, son menos das que quixéramos e agardamos que inmediatamente nos sexan subministradas desde o Goberno máis doses para seguir coa vacinación de acordo co plan aprobado”, aseverou, precisando que a campaña comezará polos colectivos considerados prioritarios, como se reflicte no plan referendado onte polo subcomité clínico.

“Arredor de 22.000 usuarios das residencias de maiores e de atención a grandes dependentes; uns 17.000 traballadores destes centros sociosanitarios; e uns 3.000 traballadores sanitarios que están en primeira liña”, avanzou, confirmando que ao longo dos vindeiros días, a Consellería de Sanidade dará máis detalles sobre o plan.

Rueda asegurou que Galicia contará cun operativo loxístico para garantir as condicións adecuadas de almacenamento, transporte, temperatura, trazabilidade e seguridade das vacinas covid. Ademais de contar cunha serie de puntos de vacinación e cunha rede segura de transporte monitorizada, con seguimento constante de temperatura e localización.

No tocante ao equipo formado por eses 207 profesionais de enfermería dedicados exclusivamente á vacinación, subliñou que a adscrición a este equipo será voluntaria. E os profesionais procederán do persoal de enfermería con experiencia acreditada en vacinación que, ademais, recibirán unha formación específica para chegar a ser persoal experto na vacina covid.

Por último, cómpre salientar que baixo a coordinación deste equipo estarán: máis de 2.000 efectivos de enfermería de atención primaria, que vacinarán da covid aos pacientes das súas cotas; e preto de 40 efectivos máis dos servizos de enfermería preventiva e unidades de prevención de riscos laborais, que se encargarán da vacinación do persoal de centros hospitalarios.

En definitiva, concluíu, ter todo listo para, en canto se autorice a vacina e dispoñamos dela, comezar a vacinar “sen perder un minuto”.

R., 2020-12-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES