
En relación á mobilidade cara a fóra, anunciou que se pedirá á Delegación do Goberno que se restrinxa a mobilidade con Portugal durante a ponte o que poderá conlevar, se fose necesario, establecer o peche perimetral da Comunidade. No tocante á mobilidade interna, o criterio seguirá como ata agora: nas zonas con máximas restricións, debuxarase un perímetro do que non se poderá entrar ou saír agás por razóns xustificadas; e, nos ámbitos restantes, haberá liberdade de movementos.
Cómpre salientar ademais que: non se introducen cambios no interior dos comercios, onde seguirá habendo aforos do 50%; tampouco no transporte público, que manterá as mesmas condicións vixentes nas últimas semanas; e tampouco no horario nocturno, xa que se mantén as 23 horas como tope máximo de volta ao domicilio.
Fixados estes criterios xerais, Feijóo detallou os diferentes niveis de intensidade establecidos tanto para a hostalaría como para a agrupación máxima de persoas.
Sobre o nivel de máxima restrición (para aqueles concellos de máis de 10.000 habitantes con incidencia acumulada a 14 días igual ou maior de 250), salientou que a hostalería poderá abrir só terrazas ao 50 %, ata as 17 horas e cunha agrupación máxima de 4 persoas conviventes ou non. E os concellos que se atopan neste momento nesta situación son: Pontevedra e os concellos perimetrais de Poio e Marín; a améndoa que conforman O Grove e Sanxenxo; a améndoa entre Carballo e Laracha; e de forma individual, terán as máximas restricións Tui, Ponteareas, Moaña, Vilalba, Narón, Redondela, Porriño, Cambados, e As Pontes.
No nivel de restrición medio-alto (para os concellos de máis de 10.000 habitantes, que teñan unha incidencia aproximada de entre 150 e 250 a 14 días e para os de menos de 10.000 habitantes cunha incidencia de máis de 250 a 14 días), a apertura da hostalería realizarase cun 30% de aforo no interior e un 50% no exterior, ata as 17 horas e cunha agrupación máxima de 4 persoas conviventes ou non conviventes.
Nesta situación atópanse, neste momento, as seguintes zonas: a améndoa de Ferrol (Ferrol, Fene y Neda); a améndoa de Vigo (Vigo, Mos, Nigrán e Gondomar); a améndoa de Vilagarcía e Vilanova; os concellos individuais de máis de 10.000 habitantes -Lugo, Lalín, Cangas-; a améndoa Coristanco, Cabana, Malpica, Ponteceso; a améndoa Meis, Meaño, Ribadumia; a améndoa de Cee, Dumbría, Muxía; e concellos individuais de menos de 10.000 habitantes -Oroso, A Guarda, Vimianzo, Ribadavia, Xinzo e Vilaboa-.
No nivel de restrición media -cando a incidencia a 14 días estea entre 100 e 150 nos concellos de máis de 10.000 habitantes, e entre 150 e 250 nos de menos de 10.000- a apertura da hostalería farase cun 40% de aforo no interior e 50% no exterior, ata as 23 horas e cunha agrupación máxima de 6 persoas conviventes ou non. Están nesta situación: a améndoa da Coruña (A Coruña, Arteixo, Oleiros, Cambre e Culleredo), Burela, Laxe, Silleda, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro e Cerdedo-Cotobade.
Por último, no nivel de restrición básica -cando a incidencia estea por debaixo dos 100 en concellos de máis de 10.000 habitantes e dos 150 nos concellos de menos de 10.000- o criterio de apertura da hostalería será de 50% de aforo no interior e 75% no exterior, ata as 23 horas, e cun máximo de 6 persoas conviventes ou non. Nesta situación entran: Santiago, Ames e Teo; Ourense, Barbadás e O Pereiro de Aguiar; A Estrada e Ares e seguen o resto dos concellos galegos.
Feijóo concluíu incidindo en que os pasos adiante que se dan nas distintas zonas non se interpreten como un síntoma de relaxación: Non hai razón para confiarnos, porque segue habendo contaxios e porque canto máis nos abrimos máis risco hai. E por iso pido máis responsabilidade que nunca, dixo, incidindo en que a Xunta seguirá incrementando ao máximo a capacidade de rastrexo; aplicando as restricións que haxa que aplicar en cada lugar e en cada momento.
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas, desde o día 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10; Viveiro, do día 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.