
O documento de traballo a debate Un novo enfoque para a Estratexia Marítima Atlántica. Plan de Acción Atlántico 2.0, serviu para que NAT puidera traballar nunha resposta conxunta á consulta da Comisión Europea ao CdR sobre a nova versión do Plan de Acción Atlántico (PAA), que ten como finalidade impulsar a estratexia marítima atlántica, dar cumprimento aos obxectivos do Pacto Verde Europeo e fortalecer a recuperación dos países participantes, entre eles España.
Para iso, formuláronse varias preguntas aos integrantes de NAT, especialmente, sobre os obxectivos expostos nos seus catro alicerces, sobre o reforzo da cooperación transfronteiriza e sobre a idoneidade da posta en marcha dunha estratexia a nivel macrorrexional da conca atlántica. Unhas cuestións que contaron cunha resposta favorable de Galicia, que contribuíu ao debate achegando novos aspectos a ter en conta, como a introdución dun novo obxectivo dentro do pilar 3 do PAA (enerxías renovables mariñas) que asegure a compatibilidade da produción de enerxía renovable mariña coas actividades preexistentes (pesca, marisqueo, acuicultura). Tras o intercambio de opinións, tivo lugar un debate sobre este tema no que participou o comisario de Medio Ambiente Océanos e Pesca, Virjinijus Sinkevičius.
En canto ao documento de traballo Experiencias e leccións extraídas polas rexións e cidades durante a crise da covid-19, os integrantes de NAT fixeron balance das experiencias das cidades e rexións, como organismos cun nivel de gobernanza máis próximo á cidadanía europea, co fin de establecer unha resposta máis eficiente, baseada na mellora da lexislación a escala nacional e comunitaria e en consonancia co principio de subsidariedade activa.
Sobre o ditame Agroecoloxía, Galicia presentou catro emendas co obxectivo de, entre outros aspectos, poñer en valor a práctica da gandería ecolóxica e os seus beneficios para o medio ambiente, como o mantemento dos pastos ou a limpeza da masa forestal. A votación deste ditame está prevista para o vindeiro mércores, 25 de novembro.
Ao peche desta xornada, a comisión NAT puido debater, ademais, sobre o futuro da Política Agrícola Común (PAC) co director da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea.
Galicia na Comisión NAT do Comité Europeo das Rexións
Neste sétimo mandato do CdR que deu comezo o pasado mes de febreiro, Galicia participa nas comisións de Recursos Naturais (NAT) e na comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX). NAT prepara os ditames de opinión dos municipios e rexións europeos en campos como a Política Agrícola Común, a pesca, o turismo ou a saúde pública.
O Comité das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.