Noticias

Galicia recibiu en setembro case o 5% do turismo estranxeiro que chegou a España

Galicia recibiu no mes de setembro 56.100 turistas estranxeiros, que representaron un 4,9% do total do turismo procedente doutros países que recibiu o noso país, segundo se recolle no último informe do INE sobre Movementos Turísticos en Fronteira (Frontur). A cifra supón unha contracción de case o 70% na chegada de turistas estranxeiros respecto a setembro de 2019 como consecuencia das limitacións de mobilidade producidas pola pandemia. A menor dependencia deste mercado fixo unha vez máis que o comportamento da demanda turística galega volvera ser mellor ca no conxunto de España.

Segundo recollen os datos do INE, do total de turistas estranxeiros que recibiu Galicia durante o mes de setembro de 2020, o 91% chegaron por estrada, sendo maioritario os viaxeiros procedentes do noso país veciño, Portugal, que volveu ser o primeiro mercado estranxeiro para Galicia.

Os viaxeiros portugueses supoñen o 42% do total dos turistas estranxeiros, seguidos moi de lonxe por Francia, América (sen EEUU), Alemaña ou Suíza. A maioría dos nosos visitantes viaxaron a Galicia por motivo de lecer ou vacacións e escolleron maioritariamente os hoteis (65%) como tipoloxía favorita de aloxamento.
Acumulado do ano

En termos de volume acumulado, dende o mes de xaneiro de 2020, ata o mes de setembro de 2020, Galicia recibiu 437.300 turistas, unha cifra que supón un descenso do 67,3%. Na media nacional do acumulado a caída volve ser maior, o que supuxo que nestes primeiros nove meses do ano visitaran España 16,8 millóns de turistas estranxeiros cando o ano pasado fixérono 67 millóns, o que supón unha baixada do 75%.

R., 2020-11-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES