
O ciclo estenderase entre o 6 e o 15 de outubro coa proxección inicial de Not Wanted, El bígamo o día 9, e El autoestopista o día 15 xunto a Never Fear, ademais de La casa de las sombras, onde Lupino substituíu ao director, Nicholas Ray, cando el enfermou sen que apareza o seu labor acreditado.
O CGAI dedícalle tamén unha completa retrospectiva á cineasta alemá Angela Schanelec, unha das voces máis destacadas da que se deu en chamar Escola de Berlín, coincidindo coa estrea en España da súa última película, Estaba en casa, pero
, premio á mellor dirección no Festival de Berlín 2019. Dentro do ciclo que se estenderá do 21 de outubro ao 18 de novembro, a filmoteca galega ofrecerá dous pases deste seu último filme os días 21 e 22. O día 23 proxectaranse cinco curtametraxes de entre os anos 1991 e 1994. As películas My sisters good fortune e Places in cities serán proxectadas o día 28 e 30 de outubro, respectivamente.
Actividade diaria
A programación da cinemateca da Xunta para este mes de outubro dálle continuidade así mesmo á serie documental Women Make Film, de Mark Cousins, que consta de 40 capítulos nos que se empregan exclusivamente secuencias rodadas por mulleres para abordar moi diferentes preguntas arredor do oficio cinematográfico. Este mes proxéctase a segunda quenda de capítulos, agrupados en tres sesións que teñen lugar os sábados dende o 10 ao 24 de outubro ás 18,00 h.
Ademais, haberá un novo pase de O que arde, de Oliver Laxe, o martes 20 de outubro e no marco do III Ciclo Nacional de Cine y Mujeres Rurales dos Ministerio de Agricultura e de Cultura. Tamén dentro da sección habitual Fóra de Serie se presenta a estrea galega da proxección de Pontevedra, cuna de Colón, a primeira película polícroma española que foi recuperada polo CGAI e Filmoteca Española. A curtametraxe documental rodada en 1927 na cidade de Pontevedra polo fotógrafo, cineasta e investigador Enrique Barreiro terá o seu primeiro pase en pantalla grande en Galicia o 27 de outubro na sala do CGAI na Coruña, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Patrimonio Audiovisual instaurado pola Unesco.
As cinco proxeccións deste mes da sección habitual Fóra de serie complétanse coa curtametraxe Song for the Jungle e a longametraxe As nosas derrotas, ambas de Jean-Gabriel Périot, o día 8; A familia Samuni, de Stefano Savona, o día 14, e Tommaso, de Abel Ferrara, o día 29.
Dentro do ciclo Off Galicia: NCG10, co que o CGAI celebra unha década do xurdimento do Novo Cinema Galego coa presentación o día 16 da mediometraxe Canedo, dirixida por Vicente Vázquez e Usue Arrieta, e O quinto evanxeo de Gaspar Hauser, de Alberto Gracia.
A sala da Filmoteca de Galicia tamén exhibirá seis curtametraxes o día 27 na sección Desencadres: Stan Brakhage #39 e o sábado día 31 ofrecerá unha sesión da sección CGAI Júnior mediante a que propón unha serie de títulos que acheguen aos máis novos a riqueza e a diversidade do cine. Nesta ocasión, será a quenda do filme Las vidas de Marona, de Anca Damian, estreado no Festival de Annecy.
Horarios e entradas
Tras retomar a actividade o pasado mes de setembro, o CGAI continúa a concentrar as proxeccións nunha sesión diaria ás 19,30 h. de martes a venres e ás 18,00 h. os sábados, dando cumprimento ao protocolo de control sanitario.
Así mesmo, a entrada segue a ser gratuíta para todos os pases e a capacidade da sala limítase neste momento ao 50 por cento, anulando unha de cada dúas butacas para o mantemento da distancia de seguridade.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.