
Ademais, a Xunta tamén porá en marcha entre mañá e o luns un circuíto específico para a realización das PCR á comunidade educativa a través dos Covid-auto. Feijóo aseverou que os Covid-auto escola permitirán axilizar a realización das probas diagnósticas, diminuír o tempo de sospeita e diagnóstico, acelerar o proceso de identificación dos contactos estreitos e reducir a presión sobre atención primaria, especialmente pediátrica.
Todas as áreas sanitarias contarán con espazos Covid-auto específicos para os posibles casos procedentes das escolas. Deste xeito, cada vez que se detecte un posible caso nunha aula e se determine que deben facerse PCR, toda esa aula se derivará automaticamente á axenda das liñas Covid-auto.
O presidente da Xunta lembrou que ata o momento xa se teñen realizado cribados: a todo o persoal docente e non docente de primaria, secundaria e das escolas infantís- máis de 40.000 profesionais-; aos temporeiros que realizan tarefas agrícolas, especialmente na vendimia; a membros de Corpos e Forzas de Seguridade e ao persoal de prevención e extinción de incendios forestais.
A maiores, tamén se levaron a cabo dous cribados completos tanto a usuarios como a profesionais das residencias de maiores de toda Galicia. E, segundo avanzou Feijóo, estamos xa cumprindo o compromiso asumido con toda esta colectividade, que é facer un cribado de PCR cada 14 días, dous ao mes, a todos. Estase realizando a través do sistema de autotomas de mostra de saliva que serán analizadas co sistema de pooling do novo laboratorio de Microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.