Noticias

O INE avanza que en 2019 Galicia gañou 1.803 residentes e entraron a residir na comunidade 17.542 persoas máis das que saíron, o maior saldo migratorio positivo da serie histórica

A poboación residente en Galicia a 1 de xaneiro de 2020 situouse en 2.702.244 habitantes, o que supón un incremento de 1.803 habitantes respecto á mesma data de 2019, como recolle a estatística ‘Cifras de Poboación’ publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estatística. O INE tamén publica a ‘Estatística de Migracións’ do ano 2019, que indica que no último ano entraron a residir en Galicia 17.542 persoas máis das que saíron, o maior saldo migratorio positivo da serie histórica. A poboación residente en Galicia a 1 de xaneiro de 2020 está conformada por 2.702.244 persoas, das que 2.585.716 teñen nacionalidade española (o 95,7% do total) e 116.528 teñen nacionalidade estranxeira.

Ademais, segundo a ‘Estatística de Migracións’ do ano 2019, Galicia rexistrou un saldo migratorio positivo de 17.542 persoas, o maior de toda a serie histórica –que arranca en 2008- e un 32% superior ao saldo rexistrado no ano 2018, que fora de 13.252 persoas.

Tipo de migracións

Só desde o exterior, a Galicia chegaron 16.866 persoas máis das que saíron, das que 8.384 son menores de 30 anos. Ao mesmo tempo, Galicia tamén gañou poboación polos galegos nados no estranxeiro. Segundo o INE, a comunidade acubilla hoxe 14.656 españois máis ca en 2018 que, nacendo no exterior, agora residen en Galicia.

Galicia tamén gañou poboación desde o resto de España, xa que recibiu 676 persoas máis das que saíron, das que 348 teñen menos de 65 anos. Do total, 507 teñen nacionalidade española e, destes, 195 teñen 64 anos ou menos. Por outra banda, a chegada de persoas con nacionalidade española a Galicia ascendeu a 7.047 persoas en 2019, das que 6.540 procedían do estranxeiro e 507 doutras comunidades. Das 24.698 persoas que chegaron á comunidade desde o estranxeiro, o 26,47% son españois e o 92% son menores de 65 anos.

Unha vez publicados hoxe estes datos provisionais por parte do INE, o Instituto Galego de Estatística (IGE) vainos incorporar á súa base de datos para realizar a correspondente explotación estatística dos mesmos e proceder posteriormente á súa difusión.

R., 2020-06-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES