Noticias

As Bandeiras Verdes de Galicia recoñecerán o esforzo dos concellos comprometidos coa paisaxe e o medio ambiente

A Xunta recoñecerá o esforzo dos concellos comprometidos coa paisaxe e o medio ambiente cun novo distintivo: a Bandeira Verde de Galicia. Un recoñecemento que pretende coidar e fortalecer a Galicia verde, recoñecendo o esforzo daqueles concellos que implanten boas prácticas e fomenten o compromiso dos seus veciños neste eido. Estas bandeiras verdes concederanse anualmente a aqueles municipios que cumpran con criterios que xiran en torno a 5 eixos: a protección da paisaxe, o cambio climático e eficiencia enerxética, a mobilidade sustentable, a xestión responsable dos residuos e accións de educación e sensibilización ambiental. Será un xurado técnico o encargado de avaliar as candidaturas que se presenten, puntuando os méritos que acrediten os concellos e outorgando especial valía ás medidas innovadoras.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta recoñecerá o esforzo dos concellos comprometidos coa paisaxe e o medio ambiente cun novo distintivo: a Bandeira Verde de Galicia. Un recoñecemento que pretende coidar e fortalecer a Galicia verde, recoñecendo o esforzo daqueles concellos que implanten boas prácticas e fomenten o compromiso dos seus veciños neste eido.

Durante o acto de presentación, Feijóo subliñou que estas bandeiras verdes concederanse anualmente pola Xunta a aqueles municipios que cumpran con criterios que xiran en torno a 5 eixos: a protección da paisaxe, o cambio climático e eficiencia enerxética, a mobilidade sustentable, a xestión responsable dos residuos e accións de educación e sensibilización ambiental. E será un xurado técnico o encargado de avaliar as candidaturas que se presenten, puntuando os méritos que acrediten os concellos e outorgando especial valía ás medidas innovadoras que se inclúan dentro destes cinco eixos.

“Estamos a falar dun distintivo que permitirá incentivar o coidado da contorna, a limpeza dos espazos públicos, a redución de emisións de CO2, un menor consumo enerxético –coa instalación, por exemplo, de luminarias públicas máis eficientes-, o fomento do uso da bicicleta e do transporte público ou a peatonalización de rúas; a redución dos residuos xerados ou a correcta xestión do lixo mediante a recollida selectiva ou a compostaxe”, abundou, destacando que, con esta iniciativa, Galicia volve ser pioneira.

Os recursos naturais e paisaxísticos, primeira motivación para visitar Galicia

Se ben, nas vindeiras datas publicarase no DOG a primeira convocatoria deste recoñecemento e os seus criterios, o responsable do Executivo autonómico incidiu en que Galicia ten claro que a paisaxe –como recurso estratéxico- debe ser preservada e posta en valor desde un punto de vista turístico. Non en van, preto de 5,1 millóns de persoas visitaron a Comunidade en 2019 e, ademais, a primeira motivación dos viaxeiros que a visitan son, precisamente, os seus recursos naturais e paisaxísticos.

Sobre este punto, destacou que o concello de Porto do Son foi o primeiro municipio galego en asinar un protocolo para poñer en valor as recomendacións contidas na Guía de Estudos da Paisaxe Urbana, publicada o pasado ano pola Xunta.

Ao longo da súa intervención, Feijóo lembrou que o Goberno galego iniciou en 2009 un longo camiño para coidar e poñer en valor a paisaxe. “Máis de 10 anos de traballo que permitiron dotar Galicia de instrumentos normativos para un desenvolvemento sustentable e racional”, dixo, referíndose ao Plan de Ordenación do litoral, ás Directrices de Ordenación do Territorio, á Lei do Solo de Galicia, á Estratexia da Paisaxe de Galicia, ao Catálogo das Paisaxes de Galicia, á Rede de itinerarios de interese paisaxístico, á Guía de Cor e Materiais de Galicia, á Guía de Boas Prácticas para a Intervención nos Núcleos Rurais ou á creación e constitución do Consello Asesor da Paisaxe.

“E ademais, este ano aprobaremos o regulamento da Lei da Paisaxe, a Estratexia Galega da Paisaxe 2021-2023 e as Directrices de Ordenación da Paisaxe de Galicia”, confirmou, ademais da publicación de novas guías paisaxísticas que pasarán a formar parte da Colección Paisaxe de Galicia.

Así mesmo, impulsaranse novos Pactos pola Paisaxe cos concellos galegos e subscribiranse protocolos a prol da paisaxe cos concellos que decidan integrar nas súas políticas as recomendacións dos estudos, como o asinado neste municipio de Porto do Son.

E, coa finalidade de garantir unha clara preservación do medio ambiente e da riqueza natural, Feijóo recordou que a Comunidade conta, desde o pasado ano, coa nova Lei de Patrimonio Natural.

Estratexia de cambio climático e aposta pola rehabilitación

Logo salientar que en 2019 Galicia aprobou a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, a Estratexia galega de economía circular ata 2030, e a Lei de residuos está en trámite parlamentario, o titular da Xunta fixo fincapé tamén na aposta pola rehabilitación de vivendas, a través de ferramentas como a nova Lei de Rehabilitación, o programa Rexurbe e as Áreas de Rehabilitación Integral.

E, co obxectivo de apoiar ás entidades locais con actuacións que humanicen espazos públicos e promovan o reequilibrio territorial, a Xunta está a desenvolver o Plan Hurbe, executando entre 2010 e 2018, 200 actuacións ao seu abeiro, cun investimento de 133 millóns en 125 concellos.

“O noso compromiso é inequívoco”, afirmou, precisando que a Administración autonómica ten comprometidos 12 millóns de euros con 191 concellos para a redacción de planeamento xeral e especial, co obxectivo de garantir unha correcta ordenación e desenvolvemento do territorio.

Outros investimentos en Porto do Son

O presidente da Xunta destacou tamén os investimentos levados a cabo en Porto do Son en eidos como o marítimo, para acondicionar a praza do Curro en Portosín e para construír e mellorar pantaláns.

Tamén neste eido, Portos de Galicia prevé acondicionar o borde portuario de Porto do Son, cun proxecto que integrará o casco urbano e o porto, urbanizará o borde portuario ao longo da Avenida de Galicia, e construirá un novo centro multiusos para usos náuticos. Todo elo cun orzamento case 5 millóns e co obxectivo de estea rematado o próximo ano.

No que respecta ás infraestruturas, Feijóo salientou actuacións como: os colectores xerais e a EDAR de Porto do Son; o colectores xerais e a EDAR de Baroña; o saneamento do núcleo de Caamaño e a mellora e ampliación da EDAR de Xuño; o saneamento e depuración en Queiruga, cuxa redacción do anteproxecto se atopa moi avanzada; ou as canalizacións de saneamento nos núcleos rurais de Baroña, Abuín, Vilar e Arnela, entre outras.

En relación ao transporte, aseverou que o Goberno galego está a estudar a fórmula para coordinar o horario do bus que chega a Noia co que vai de Noia a Santiago; así como a posibilidade de que o autobús que vai de Ribeira a Santiago saia ás 7:00 horas para que o poidan empregar os universitarios.

Sobre políticas sociais, lembrou a posta en marcha de servizos como unha escola infantil do Consorcio de tres unidades e 41 prazas. Un total de 153 persoas con dependencia benefícianse de servizos ou prestacións económicas; e no que respecta ao servizo de axuda no fogar, 61 persoas benefícianse deste programa en Porto do Son, que incrementou desde 2015 un 75% as horas asignadas.

R., 2020-02-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
Foto de la tercera plana (deporte-remo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES