Noticias

A Deputación da Coruña celebra a creatividade cultural coa entrega de trece premios

A Deputación da Coruña entregou hoxe trece premios que recoñecen obras e proxectos en distintos ámbitos da cultura, desde a literatura até as artes plásticas e visuais pasando pola música ou a promoción da lingua e a igualdade. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, presidiron o acto de entrega ás persoas gañadoras dos certames culturais. Co mar da Coruña de fondo, o acto congregou a máis de cen persoas nun auditorio composto por premiados e premiadas ademais de membros dos distintos xurados que participaron no acto de entrega das trece categorías que congregaron representantes dos principais ámbitos culturais, homenaxes tamén ás figuras da nosa cultura das que levan nome.

A Deputación da Coruña entregou hoxe trece premios que recoñecen obras e proxectos en distintos ámbitos da cultura, desde a literatura até as artes plásticas e visuais pasando pola música ou a promoción da lingua e a igualdade. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, presidiron o acto de entrega ás persoas gañadoras dos certames culturais.

"A cultura é unha área fundamental para a Deputación da Coruña e esta entrega de premios é exemplo diso, da importancia que desde a institución lle damos a premiar e recoñecer a creatividade nos distintos ámbitos", destacou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, no acto de entrega dos galardóns culturais que converten á institución en referente do apoio á creatividade cultural nas distintas disciplinas nun acto no que recoñeceu tamén o traballo das deputadas do anterior goberno Goretti Sanmartín Rei en cultura e Ánxela Franco en Igualdade e Servizos Sociais.

Como "o noso ADN" definiu, pola súa parte a cultura o responsable da área na Deputación, Xurxo Couto, que debullou na súa intervención as distintas modalidades de permiso e o recoñecemento que supoñen ao altísimo nivel da cultura galega. "Defínenos como pobo e é triste ter que reivindicar aínda agora que a cultura é un dereito", dixo o deputado de cultura antes do inicio do acto de entrega que deu conta do amplo abano de convocatorias que converten á Deputación da Coruña en referente dos premios culturais.

Co mar da Coruña de fondo, o acto congregou a máis de cen persoas nun auditorio composto por premiados e premiadas ademais de membros dos distintos xurados que participaron no acto de entrega das trece categorías que congregaron representantes dos principais ámbitos culturais, homenaxes tamén ás figuras da nosa cultura das que levan nome.

Torrente, Raína Lupa e Murguía

Como en cada edición, especial expectación provoca coñecer o nome dos gañadores do Torrente Ballester de narrativa que, con 25.000 euros de premio, converteuse no de maior contía da nosa literatura. Nesta edición XXXI, por decisión do xurado o premio recaeu en dous autores con obra xa publicada, un deles consagrado como Antón Riveiro Coello que gañou coa súa novela "As liñas do paraíso" e outro como Alex Alonso, con só unha obra publicada, coa obra "Crónica denigrante".

En canto á modalidade en lingua castelán, o Torrente Ballester recaeu no escritor murciano Miguel Sánchez Robles coa súa obra "El síndrome de Hybris".

Destinado ao público de menor idade, o Premio Raíña Lupa chegou a súa décimo terceira edición coa novela "Antía e Daren e os pequenos detectives" de Valentín Alvite como gañadora en canto o premio de ensaio foi para "Callaici principes. Os soberanos da Galiza castrexa" de Manuel Fernández Calo e o XIX Rafael Dieste de textos teatrais para "Amorodo agre" de Fernando Castro Paredes, a única, polo momento, que xa está publicada.

Artes plásticas e visuais de premio

Como aconteceu nesta edición do Premio Torrente Ballester de narrativa, o Luís Ksado de creación fotográfica tivo na convocatoria de 2019 dous gañadores ao decidir o xurado, pola calidade das obra presentadas, premiar ex aequo a Javier Arcenillas coa colección "Gangborder" e Alejandro Real con "Fillos de Breogán", coleccións que están, xunto coas obras finalistas, expostas neste momento no Museo do Pobo Galego á espera de iniciar a itinerancia por outros dez concellos.

Tamén foron dous os premiados no Castelao de Banda Deseñada mais, nesta ocasión porque por vez primeira se entregaron as dúas categorías convocadas, unha para público xeral e outra destinada especialmente ao público infantil e xuvenil. Trátase da obra do recoñecido Alberto Vázquez Rico con "A Caza" e de Martín Romero Outeiral que inaugura con "Uxío" o premio Castelao infantil e xuvenil.

En artes plásticas o artista Mauro Trastoy recolleu o XIV premio Isaac Díaz Pardo pola súa obra "7" mentres que o Jesús Núñez de artes gráficas non puido ser entregado en man ao thailandés Teerawoot Com-on e foi entregado a Pedro Galilea, membro do xurado.

Do metal á música balcánica

Moi variados foron os ritmos nos premios musicais desta edición que fixeron gañadora do XI Concurso Fran Pérez Narf á banda Mileth cos seus sons metálicos mentres que foron dar en Chile co gañador do Premio Gaos de composición musical nun autor de destacada traxectoria como é Alberto Núñez.

A coruñesa Isma Kalo na modalidade de xuvenil e o grupo "Música das baleas" de Caión recolleron tamén os premios do IV Concurso Quero Cantar de música infantil e xuvenil nesta festa da cultura que busca tamén promover a novas artistas e crear público para a nosa cultura.

Promoción da Lingua Galega e a Igualdade

Finalmente, na gala entregáronse tamén os premios Rosalía de Castro de promoción da lingua e Begoña Caamaño de acción cultural pola Igualdade de Xénero.

Dous proxectos que están a ter un singular impacto na normalización como o portal GCiencia que dirixen os xornalistas Pablo López e Eduard Roland e o programa "21días con galego" promovido pola profesora Pilar Ponte gañaron esta nova edición dunha iniciativa que busca contribuír á normalización do galego mentres o "Observatorio da Mariña pola Igualdade" fíxose co Begoña Caamaño pola súa ampla e intensa traxectoria de traballo por eliminar a discriminación das mulleres, en boa parte a través de proxectos de natureza cultural.

R., 2020-01-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES