
Este encontro está considerado unha das feiras profesionais de decoración de referencia do deseño escandinavo e celébrase en dúas edicións anuais, xaneiro e agosto. Trátase dunha oportunidade única para a reunión de axentes, importadores, deseñadores, produtores e compradores de deseño interior e da industria de agasallos, unha porta aberta a un mercado internacional no que o produto artesán galego está a introducirse desde hai 7 anos.
Entre as novidades da escolma que Artesanía de Galicia presenta nesta edición atópanse os tecidos artesáns de A.Outeiriño (Ourense); o vidro de Arteviares (A Coruña); a cerámica de Branqueta (A Coruña), Copia Cerámica (Santiago), Obradoiro de cerámica castrexa Castrolandín (Cuntis), Misoco (Vigo), Obradoiro Gorín (Malpica), Olería do Batán (Baños de Molgas), Raposiñas Cerámica Feita de Vagar (A Pobra do Caramiñal); os obxectos de madeira de El Arce Imaginario (A Coruña), Ilex Talla (Santiago) e Xar Arte en Madera (Vigo)
As ilustracións de Iria Prol Studio (Santiago); a impresión téxtil de Las Flores de Greta (Gondomar); os mandalas téxtiles de Roundie&Colors (Abegondo); as pezas de coiro de Tres Caracoles (Lugo); as bonecas de trapo de Woodding (Boiro) e os mobles de Ventura (Nigrán).
Outros obradoiros que xa estiveron presentes en edicións anteriores da feira Formex tamén presentarán novas liñas de produto como é o caso da cerámica de Ojea Studio (Vigo) gañadora do Premio Nacional de Artesanía 2019 na categoría Premio Produto-, Mar Barral (Catoira), Arobe Cerámica (A Coruña), Cerámica Suve (Cangas), Lanalutum (Lugo), Mi madre no me deja (Lugo), Ana Méndez Cerámica (Pazos de Borbén), Víctor Ares (A Coruña), Cerámica Unzueta (Brión), Manuel Figueiras (Muros), Laura Delgado Cerámica (Cambre), Pepe Otero Oleiro (A Coruña) e Witchneeds (Vigo) -gañadora do Premio Artesanía de Galicia 2018 pola súa obra O bosque interior-. En canto á olería, están representados os centros de olería tradicional galega de Gundivós, co traballo de Rectoral de Gundivós (Sober); e Buño, coas pezas de olería contemporánea baseadas na ampla tradición oleira desta localidade de Malpica de Bergantiños a partir do traballo de Alfarería Rulo ademais do Obradoiro Gorín (Malpica) que se incorpora este ano por primeira vez-.
Repiten tamén en Formex os obradoiros de téxtil Artefíos (A Coruña) e Logaro (Ourense), o tecido manual elaborado por Inés Rir&Co Deseño Textil Artesán (Allariz); os xoieiros de Noroeste Obradoiro (Santiago de Compostela) -gañadores do Premio Artesanía de Galicia 2016-; o obradoiro especializado en coiro Jatafarta (Santiago de Compostela); ou os coitelos dos obradoiros de ferrería de Celso Núñez Ferreiro (A Fonsagrada) e de MAF Artesanía (Riotorto), así como os complementos decorativos de Oitenta (A Coruña).
No stand de Artesanía de Galicia comparten espazo os cestos tradicionais de Antonio Suárez Davila (Vigo) e a cestería de Idoia Cuesta (Outeiro de Rei); as figuras tradicionais de San Andrés de Teixido elaboradas por Jorge Bellón (Cedeira); e os complementos elaborados en corda de algodón elaborados por Degerónimo (Santiago de Compostela). En canto á madeira, os obradoiros que levan as súas pezas a Formex son Armaior (Quiroga), Atalanta (A Estrada), Lorenzo Design (Santiago de Compostela) e Artesanía Ferradáns (A Estrada), ademais dos xoguetes de madeira de Artesanía Silvent (Caldas de Reis).
A comercialización e a promoción do produto artesán galego a través da consolidación da marca Artesanía de Galicia nos diferentes mercados constitúe unha das liñas estratéxicas da Xunta en materia de artesanía. Como resultado destas accións, os produtos da marca Artesanía de Galicia están presentes en 44 puntos de venta internacionais, en países como Suecia, Inglaterra, Australia, Alemaña, Noruega ou Xapón.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.