Noticias

Presentado o Plan Ribeira Sacra cun investimento de 34 M€ ata 2023, un paso adiante máis para que sexa designada Patrimonio da Humanidade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou esta mañá o Plan Ribeira Sacra. Plan de xestión da paisaxe cultural 2020-2023, unha ferramenta que tal e como explicou é imprescindible para esta zona e supón un paso relevante no camiño cara á súa inclusión na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. “Como saben, levamos moito tempo traballando nesta candidatura”, dixo, asegurando que xa se declarou á Ribeira Sacra Ben de Interese Cultural na categoría de paisaxe cultural e xa se conseguiu que a súa candidatura sexa a que presentará España no ano 2021. Momento no que aproveitou tamén para agradecer ás entidades locais o seu compromiso decidido no impulso dunha candidatura que é “capaz de ilusionar a toda Galicia”.

Con respecto ao plan que hoxe se deu a coñecer, precisou que é un instrumento de planificación que se articulará en 7 programas e que contén 35 accións que se desenvolverán nunha área duns 3.000km2 na que viven máis de 60.000 habitantes. Con melloras en eidos como: o patrimonio e paisaxe cultural; a ordenación do territorio; a conservación dos valores naturais e medio ambiente; o desenvolvemento económico sustentable, a xestión do turismo; a educación, formación e investigación ou a comunicación e participación.

O Plan Ribeira Sacra compromete máis de 34 M€, dixo, un investimento que involucra a 5 consellerías e do que se beneficiarán 25 concellos co obxectivo de que a candidatura chegue nas mellores condicións posibles.

Ademais, destacou que o dito plan define unha estratexia común para a correcta conservación e protección dunha zona de especial interese, a Ribeira Sacra, cuxa importancia reside no seu excepcional Románico, no seu patrimonio antropolóxico, na súa impresionante xeografía física, nas mostras de vida ermítica de occidente que alí se atopan ou nas mostras de enxeñaría asociadas ao cultivo das vides.

Cómpre resaltar que esta planificación engádese a outras iniciativas como o Plan de acción estratéxico para a Ribeira Sacra, que foi a Consello en setembro, na que se inscribe a candidatura técnica da Reserva da Biosfera da Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel que avanza en paralelo á de Patrimonio Mundial. “Sería un gran fito para Galicia que a Ribeira Sacra obtivese eses 2 recoñecementos”, abundou.

Plan especial de Infraestruturas e dotacións do consorcio local dos Peares

Por outra banda, o titular do Goberno galego tamén foi partícipe da sinatura da Orde de aprobación definitiva do Plan especial de Infraestruturas e dotacións do consorcio local dos Peares, un instrumento de vangarda na ordenación do territorio que, por primeira vez, abrangue 2 provincias e 4 concellos, facendo da complexidade unha oportunidade. Tivo lugar, asegurou, só uns días despois da aprobación no Consello do Proxecto de Lei de ordenación do territorio.

As actuacións previstas neste plan, explicou, deixan planificados preto de 15 M€ de investimento que se irán executando co obxectivo de realizar distintas accións como: a urbanización do borde fluvial do río Búbal, a pavimentación de accesos á estación ferroviaria ou a ampliación do paseo do río Miño, que xa está en marcha. E tamén actuará como guía para a mellora das condicións estéticas.

En definitiva, sentenciou, para lograr poñer en valor o noso territorio son imprescindibles ferramentas como o Plan Ribeira Sacra e o Plan especial de Infraestruturas e dotacións do consorcio local dos Peares.

R., 2019-12-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES