Noticias

A USC, premiada pola súa contribución ao desenvolvemento sustentable do Camiño de Santiago

A Asociación Española de Ciencia Rexional vén de premiar o traballo de investigación elaborado polo grupo de investigación GAME da Universidade de Santiago (USC) que estuda o impacto socioeconómico do Camiño de Santiago e que se está a converter nunha eficaz ferramenta para a toma de decisións na xestión galega ao redor da Ruta Xacobea. O traballo, presentado o ano pasado, foi recoñecido co VI Premio Blog a Riqueza das Rexións á mellor entrada de 2019 nesta plataforma da asociación española, pola súa achega á sustentabilidade do Camiño de Santiago. O documento resume parte dos resultados alcanzados no marco dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e este grupo de investigación.

Nel abórdanse, con innovadoras metodoloxías de análise, o impacto que o patrimonio cultural e os recursos turísticos poden ter sobre as poboacións locais polas que atravesa o Camiño de Santiago.

O estudo amosa a positiva repercusión do Camiño de Santiago nos concellos do rural galego, onde é visto como unha oportunidade de desenvolvemento por parte da poboación local. Tamén achega reveladores indicadores sobre o gasto dos peregrinos, demostrando que concentran o 2,3% do gasto turístico na Comunidade e, á vez, cada un deles supón o mesmo impacto económico que 2,3 turistas pola distribución dese gasto que realizan e o seu impacto sobre a economía local, xa que consumen máis en servizos directamente relacionados coa xeración de emprego que xeralmente se producen localmente.

Satisfacción e fidelidade dos peregrinos

Ademais, a investigación sobre o impacto socioeconómico constata que a capacidade de acollida dos camiños de Santiago é superior á actual, descartando unha posible saturación, e amosa tamén a satisfacción dos peregrinos e dos residentes locais. Tamén fala da fidelidade dos peregrinos, xa que máis da metade pensa repetir percorrendo outros dos itinerarios. O estudo tamén permite analizar os aspectos máis e menos valorados tanto polos galegos como polos peregrinos en canto ás infraestruturas no Camiño de Santiago.

Este premio supón un recoñecemento ao esforzo conxunto da Xunta e a Universidade de Santiago no desenvolvemento destas novas ferramentas de análise, así como ao esforzo deste grupo coordinado polos investigadores Melchor Fernández, Dolores Riveiro e Roberto Bande, por divulgar á sociedade os resultados da súa actividade investigadora.

R., 2019-11-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES