Noticias

Galicia foi a comunidade na que máis medrou a demanda hoteleira e a cifra de viaxeiros no mes de setembro

Os hoteis galegos rexistraron o mellor mes de setembro da súa historia ao superar a barreira do millón de noites, un 7% máis que en 2018. Así o reflicten os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados hoxe, que recollen, ademais, un incremento do 7,4% no número de viaxeiros con respecto ao mesmo mes do ano anterior. Estas cifras sitúan a Galicia como a Comunidade cun mellor comportamento nestes dous indicadores, mentres que a nivel estatal a demanda hoteleira descendeu de media un 0,6% e a cifra de viaxeiros mantívose estable, cun crecemento do 0,2%.

Segundo os datos do INE, o turismo galego mantén o comportamento positivo rexistrado xa no primeiro semestre do ano e nos meses do verán. De feito, as cifras reflicten un crecemento en todos os segmentos do mercado, ao rexistrárense alzas tanto no turismo interno (+4,1%), como no turismo nacional (+3,2%), e destacando especialmente o incremento do 15,7% no turismo internacional. Precisamente, os visitantes estranxeiros realizaron máis de 323.000 pernoitas nos hoteis galegos, a cifra máis elevada da serie histórica nun mes de setembro.

No que respecta á estadía media, mantense estable na nosa Comunidade, mentres que o nivel de ocupación hoteleira medra por sétimo ano consecutivo nun mes de setembro, cun alza do 3,44%, acadando tamén un máximo histórico.

Crecemento en todas provincias e mellora da calidade

A nivel territorial, todas as provincias rexistraron un comportamento positivo da súa demanda hoteleira, en particular as localizadas no norte. Así, o incremento foi dun 8,9% na Coruña, dun 8,3% en Lugo, dun 5,7% en Ourense e dun 5% en Pontevedra.

Os datos do INE amosan tamén unha mellora noutros indicadores de calidade. Deste xeito, a rendibilidade hoteleira creceu un 11,2% e as tarifas hoteleiras melloraron na nosa Comunidade por sexto ano consecutivo, ao rexistrar unha suba dun 3,8%, a cifra máis elevada da década.

R., 2019-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES