Noticias

Presentado desde a cidade de Lugo o proxecto Newton, que da man de empresas como Boeing e First Scandinavia percorrerá toda Europa

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ás aulas Newton como a constatación do compromiso de Galicia coa innovación e o sector aeronáutico que permitirá a máis de medio millar de estudantes da provincia de Lugo alimentar a súa vocación tecnolóxica. Durante o lanzamento do proxecto desde a cidade de Lugo, e que percorrerá toda Europa, Feijóo agradeceu o compromiso de empresas –Boeing e First Scandinavia- e administracións -do Concello de Lugo, da Consellería de Educación e da Consellería de Economía- que fixeron posible que esta iniciativa se consolidase, situando a Galicia como un destacado axente educativo.

“Co fomento dos coñecementos STEM, particularmente das matemáticas e do aeronáutico, podemos estar formando á próxima xeración de pilotos, de controladores aéreos, de mecánicos, de enxeñeiros aeronáuticos ou de deseñadores da industria aeroespacial, por exemplo. Nas súas mans estará resolver os retos do futuro grazas ás novas tecnoloxías: a mobilidade, a electrificación, os medios de transporte ou a transicións enerxética, entre outras”, abundou, aseverando que a Aula Newton representa unha revolución educativa polos seus compoñentes móbiles e polos seus contidos educativos, consolidando un proxecto centrado na diversificación cara a novos sectores industriais.

Sobre este último punto, o responsable do Executivo autonómico destacou a aposta de Galicia por converterse nun referente no sector aeronáutico co Polo aeroespacial de Rozas, que conta unha incubadora de proxectos, que xa está a dar os seus froitos cunha mobilización de 164 millóns de euros de investimento público-privado e coa creación de preto de 480 postos de traballo.

“Estamos traballando con empresas e centros tecnolóxicos que aportan a Galicia coñecemento, a través de proxectos de I+D+i; solucións que repercuten directamente na calidade de vida dos cidadáns, como a mellora na seguridade da frota pesqueira, servizos na loita contra os incendios ou incluso a protección cardiovascular no Camiño de Santiago, ademais de equipamentos e infraestruturas; e de potencial emprendedor”, explicou, subliñando o papel decisivo que xoga neste último eido o Business Factory Aero, como incubadora e aceleradora de proxectos empresariais.

Feijóo incidiu na importancia de seguir atraendo empresas punteiras do sector aeronáutico, fomentando vocacións e reforzando o labor dos centros de coñecemento e impulsando unha formación atenta ás necesidades da industria. Para iso, recordou que os vindeiros orzamentos autonómicos incluirán unha partida de máis de 15 millóns de euros para consolidar o Polo aeroespacial de Rozas, un dos eixes da Galicia innovadora da vindeira década.

R., 2019-10-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES