Noticias

'Auga Seca' terá a súa premiere mundial no MIPCOM de Cannes

Cada outubro, a industria global de medios e entretemento converxe en Cannes para compartir catro días de intercambio, reunións, proxeccións, conferencias e tecer redes. Será o próximo 16 de outubro neste MIPCOM da cidade francesa cando Auga Seca (6 x 50’) teña a súa estrea mundial da man do distribuidor internacional DCD Rights. O screening desta ficción no mercado posiciónase como un dos pratos fortes ao lado da esperada serie belga Blackout, ou a xaponesa An artist of the floating world, adaptación da novela homónima do Nobel de literatura Kazuo Ishiguro.

Auga Seca é un drama policial no universo do tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial, onde Teresa -a actriz portuguesa Vitoria Guerra- se verá envolvida nunha trama na que nada é o que parece. Guerra traballa ao lado dos recoñecidos actores galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos como protagonistas. Os actores españois Eva Fernández, Paloma Saavedra, Santi Romay, Cris Iglesias, Adrián Ríos e os portugueses Adriano Luz, Joana Santos, Igor Regala e João, son algúns dos nomes que completan o elenco internacional desta serie. Baixo a dirección de Toño López con Alfonso Blanco de Portocabo e José Amaral de SP-i na produción executiva, Auga Seca contou cun excelente equipo técnico que ven de rodar series de gran calidade como Hierro ou Fariña, entre os que destacamos o talento de Elba Fernández e Xavi Font na música orixinal. Sumando forza a este equipo internacional atópanse destacados profesionais do grupo SP Televisão, ao que pertence SP-i, cuxas series foron premiadas nos prestixiosos International Emmy Awards.

Unha serie rodada entre as cidades de Vigo e Lisboa, dúas cidades cunha mirada atlántica unidas nesta serie transfronteiriza que reflexiona sobre a familia e a moral nun universo onde nada nin ninguén é o que parece e todos buscan coñecer a verdade.

Portocabo continúa así a súa liña de ficción internacional tras a exitosa estrea de Hierro, a primeira serie orixinal Movistar+ en coprodución con ARTE France e Atlantique Productions, e Vidago Palace, a súa anterior coprodución entre Galicia e Portugal.

R., 2019-09-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (costa-feira-2026.jpg) Sanxenxo volverá converterse este verán nun dos grandes referentes da música en directo en Galicia coa celebración da cuarta edición de Costa Feira, un evento que ofrecerá máis dunha decena de concertos e propostas musicais entre os meses de xullo e agosto no recinto do Polígono de Nantes. O ciclo arrancará o 24 de xullo con Wake Up! in Costa Feira e continuará o 28 de xullo e os días 4, 11 e 18 de agosto coa proposta Electrolatino, que reunirá artistas destacados neste xénero como Henry Méndez, Danny Romero, Jose de Rico, Anthony & Yeigo, Jay Santos, Marc Magán ou Mar Lucas.
Foto de la tercera plana (abril-cultura-camino.jpeg) Ponse en marcha a programación da 14ª edición de Cultura no Camiño, que este verán ofrecerá 316 espectáculos escénicos e concertos a cargo de 147 formacións artísticas en 87 concellos galegos situados nas diferentes rutas xacobeas. Trátase dunha proposta enmarcada na campaña Para gustos, cultura, que este ano chegará a 200 localidades con máis de 3.600 propostas. O calendario de Cultura no Camiño para este ano, que se abriu esta semana con paradas en Ribadumia, onde Marta Ortiz presentou Canta, Bugina, canta! na Escola Infantil, e en Miño coa proposta A maxia dos libros, do Mago da Boina e Nami, no Centro de Día, continuará hoxe de novo en Ribadumia con Donas do lugar, un espectáculo de narración oral a cargo de María da Pontragha.

Notas

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Roberto Bande, e a directora do Campus Terra, Marta Miranda, inauguraron este xoves 18, no edifico Cactus do Campus de Lugo, unha nova edición do Foro empresarial Galicia–Asia que xirou na súa primeira xornada arredor do ecosistema da saúde. Alimentación e lonxevidade, así como as posibilidades da robótica asistencial, foron outros dos aspectos abordados na reunión.
O transporte marítimo enfróntase a un dos grandes desafíos da súa transición enerxética: decidir que combustibles alternativos empregar nun contexto no que aínda existe pouca experiencia operativa e escasean os datos sobre o seu comportamento real. Metano, metanol, amoníaco ou hidróxeno aparecen como alternativas para reducir as emisións do sector, pero a súa implantación introduce novas incógnitas relacionadas coa seguridade, o almacenamento e a operación dos buques.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES