Noticias

O Teatro galego, a escena no Carballiño

O Teatro galego ten unha nova cita no Carballiño, do 2 ao 6 de setembro, coa celebración da XXX edición do Festival de Teatro Galego (FETEGA), que ofrecerá un completo e variado programa de actividades aos asistentes. As obras de teatro que se celebrarán no Auditorio Municipal do Carballiño, ás 22.00 horas, comezarán o luns 2 de setembro coa obra "Anatomía dunha serea", da Compañía Iria Pinheiro -A Berbechería-Chévere. Como actividades paralelas, haberá animación de rúa, un coloquio de creadoras baixo o título "Arte con nome de muller", obradoiros, monólogos cómicos e actividades infantís.

A presentación desta nova edición tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a directora do FETEGA, Josi Lage; o representante da empresa Montañesa, Manuel Carballeda; e algúns dos actores e actrices presentes nesta edición do Festival.

A Deputación de Ourense colabora co FETEGA, "o festival de teatro máis antigo de Galicia e de referencia das artes escénicas galegas, que converte á Vila do Arenteiro na capital do teatro galego", dixo Rosendo Fernández, quen salientou a importancia da colaboración público e privada para poder desenvolver estas iniciativas que "dinamizan a actividade cultural do rural".

Neste mesmo sentido, o director de AGADIC destacou "o labor de difusión das artes escénicas" do FETEGA, que traerá ó Carballiño "unha boa representación do teatro galego", do 2 ao 6 de setembro. Así mesmo, Francisco Fumega asegurou que a celebración deste Festival significa para o municipio do Carballiño "compromiso coa cultura, implicación de moita xente e unha plataforma para actores do teatro galego".

Pola súa parte, Josi Lage expuxo as novidades do 30ª aniversario deste evento que pasará a chamarse Festival de Teatro Galego "Celso Parada", en homenaxe "a este actor e director vital das artes escénicas galegas, que nos deixou recentemente". Tamén destacou, entre as novidades deste ano, o incremento da programación a cinco días, o ciclo de monólogos, e o aumento das categorías dos premios que pasan a ser seis: Premio de Honra, Premio á mellor actriz, Premio ao mellor actor, Premio ao mellor espectáculo, Premio ao mellor espectáculo de rúa; e o Premio ao mellor monologuista cómico.

Programación

As obras de teatro que se celebrarán no Auditorio Municipal do Carballiño, ás 22.00 horas, comezarán o luns 2 de setembro coa obra "Anatomía dunha serea", da Compañía Iria Pinheiro -A Berbechería-Chévere; o martes 3 de setembro, será a quenda para a obra "Compañeira de piso", da compañía Contraproducións; o mércores 4 de setembro subirá ao escenario a companía Chévere coa obra "Curva España"; e ao día seguinte, o 5 de setembro, actuará a compañía Redrum Teatro coa obra "Idiota". O venres 6 de setembro, pecharán a programación do Festival a compañía Enconarte Producciones, coa obra "Monstruación". Será tamén nesa mesma xornada a Gala e entrega dos premios FETEGA "Dorotea Bárcena", conducida e presentada por Marían Bañobre.

O Anfiteatro será outro dos escenarios das actividades programadas para esta XXX edición do Festival, que darán comezo o luns 2 de setembro coa actuación "Catro 4'' segundos" (Novo Circo da Compañía ÍO; o 3 de setembro será a Compañía Dani García a que protagonice "Don Gelati" (Maxia Clown); o 4 de setembro tocaralle á compañía Excéntricas con "Cartoóns" (Comedia Clown); o 5 de setembro será a quenda para a compañía Asacocirco co espectáculo "Lume" (Circo Performático); e o venres 6 de setembro pechará as actuacións no Anfiteatro a compañía Sue Moreno co espectáculo "Sue Moreno 4.0" (Circo acrobático). Os espectáculos serán todos ás 19.00 horas.

Como actividades paralelas, haberá animación de rúa, un coloquio de creadoras baixo o título "Arte con nome de muller", obradoiros, monólogos cómicos e actividades infantís. O prezo das entradas para as funcións no Auditorio é de 5 euros, e para os monólogos é de 3 euros, mentres que o resto das actividades serán de balde.

R., 2019-09-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

A Real Filharmonía de Galicia presenta a súa programación de verán de 2026 cun percorrido que reafirma o compromiso da institución coa difusión da música clásica, a apertura a novos públicos e a proxección da orquestra dentro e fóra de Galicia. Entre xuño e agosto, a RFG ofrecerá varios concertos en Santiago e participará en citas destacadas como o Festival Internacional de Música de Espinho, o Noia Harp Fest, o Galicia Clarinet Fest ou o Festival Bal y Gay.
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías aspira a coordinar a construción do prototipo dunha parte esencial para o FCC, o futuro colisionador de partículas do CERN. A construción do prototipo será unha iniciativa estratéxica para a I+D+I en Galicia, xa que implicará tanto á academia como ao tecido industrial especializado no ámbito dos aceleradores de partículas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES