Noticias

As Bandas Populares Galegas participan na nova edición de 'Música no Camiño' con 20 concertos en Santiago de Compostela

A nova edición do ciclo musical Música no Camiño levará á praza de Praterías de Santiago de Compostela 20 actuacións musicais ata o mes de agosto, a cargo de diferentes bandas populares galegas para difundir a cultura xacobea e reforzar o papel da cidade como meta do Camiño de Santiago. Como en cada edición, Música no Camiño desenvólvese con concertos gratuítos abertos ao público en xeral, especialmente dirixidos aos peregrinos que chegan á etapa final do Camiño de Santiago. Os repertorios incluirán obras populares galegas, música contemporánea para banda e adaptacións de música moderna.

A nova edición do ciclo musical Música no Camiño impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo leva esta fin de semana á praza de Praterías de Santiago de Compostela dúas das 20 actuacións musicais programadas ata agosto a cargo de diferentes bandas populares galegas para difundir a cultura xacobea e reforzar o papel da cidade como meta do Camiño de Santiago.

O sábado actuará a Unión Musical Ponteledesma, dirixida por Roberto Hermida, e o domingo a Banda de Música Cultural de Teo, baixo a batuta de Álvaro Varela, en ambos casos, ás 20,30 horas. Como en cada edición, Música no Camiño desenvólvese entre xuño e agosto con concertos gratuítos abertos ao público en xeral, especialmente dirixidos aos peregrinos que chegan á etapa final do Camiño de Santiago. Os repertorios incluirán obras populares galegas, música contemporánea para banda e adaptacións de música moderna.

Na edición deste ano a Consellería de Cultura e Turismo colabora coa Federación Galega de Bandas de Música Populares a través dun investimento de 60.000 euros que fará posible a participación dunha vintena de agrupacións que difundirán a cultura xacobea promovéndoa entre galegos e visitantes que viaxan á Comunidade durante o verán.

Este programa -que arrancou coa Banda Municipal de Música de Valga e a de Santa Cruz de Ribadulla- responde ás aspiracións do Goberno galego por fortalecer a cidade de Santiago de Compostela como meta do Camiño, un dos compromisos incluídos no Plan Director do Camiño de Santiago. Esta folla de ruta da Xunta vén desenvolvendo importantes melloras coa vista posta no Xacobeo 2021. A liña de actuación para reforzar o papel da capital galega inclúe a mellora dos seus elementos patrimoniais, optimización de infraestruturas e mellora dos servizos de atención, así como a posta en marcha de iniciativas de carácter cultural e turístico que dinamicen a experiencia dos peregrinos.

PROGRAMACIÓN DE MÚSICA NO CAMIÑO 2019

Lugar: Praza de Praterías
Horario: 20,30 horas
• 15 xuño. Unión Musical Ponteledesma
• 16 xuño. Banda de Música Cultural de Teo
• 22 xuño. A Lira de Ribadavia
• 23 xuño. Banda de Música Unión de Guláns
• 6 xullo. Banda Artística de Merza
• 7 xullo. Banda de Música da Vertula
• 2 agosto. Banda de Música Isabel II de Touro
• 3 agosto. Banda de música da UVCD de Candeán
• 4 agosto. Unión Musical de Valadares
• 9 agosto. Banda de Música Municipal de Caldas de Reis
• 10 agosto. Banda de Música Xuvenil de Torroso
• 11 agosto. Banda de Música Sementeira de Cambre
• 16 agosto. Unión Musical de Tenorio
• 17 agosto. Agrupación Musical Artística de Arcade
• 18 agosto. Agrupación Musical de Vincios
• 23 agosto. Banda de Música Popular de Rubiós
• 24 agosto. Banda de Música de Santádega
• 25 agosto. Banda Unión Musical de Meaño

R., 2019-06-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES