Noticias

Galiciantunes On Tour presenta os directos de Davide Salvado e Fernando Barroso no evento profesional de música SOL Madrid

Os galegos Davide Salvado e Fernando Barroso actúan este sábado 8 no encontro SoL Madrid, evento profesional arredor do negocio da música que arranca hoxe na capital de España. Ambos ofrecerán cadanseu showcase no Impact Hub Piamonte, onde se presentarán baixo a marca GalicianTunes On Tour diante dun exclusivo grupo de programadores de festivais, axencias de contratación e medios de comunicación de 11 países: Arxentina, Chile, Colombia, Corea, Emiratos Árabes, EE.UU., Holanda, México, Noruega, Reino Unido e Suíza. Definido pola organización como evento boutique, SoL Madrid inaugúrase esta noite no Costello Club e a súa actividade continuará ata o sábado en diferentes espazos da cidade.

A súa participación nesta cita insírese na serie de accións que a Consellería de Cultura e Turismo está a desenvolver baixo o distintivo GalicianTunes On Tour co obxectivo de reforzar a proxección exterior da música de Galicia. Entre elas, a súa presenza en SOL Madrid mediante un acordo asinado entre a organización e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para garantir a inclusión de bandas ou artistas de Galicia no apartado de showcases.

Selección de 20 artistas

Definido pola organización como evento boutique, SoL Madrid inaugúrase esta noite no Costello Club e a súa actividade continuará ata o sábado en diferentes espazos da cidade. O seu programa articúlase arredor de tres eixos: reunións de negocios personalizadas entre unha quincena de convidados internacionais e un grupo de empresas de representación e contratación, selos discográficos e servizos para a industria musical; sesións de networking e os concertos promocionais dos 20 artistas e grupos seleccionados tras unha convocatoria para a que se recibiron máis de 400 propostas.

Davide Salvado e Fernando Barroso, que actuarán o sábado a partir das 17,00 h., forman parte desta carteleira xunto a outros 14 intérpretes e bandas do resto de España e seis de Arxentina, Corea, Italia, Portugal e Uruguai.

No caso de Davide Salvado, os convidados aos showcases terán a oportunidade de se achegar con el á expresión máis pura e carismática da música tradicional galega, froito do seu amplo traballo de investigación recollendo cantares en aldeas e vilas dentro e fóra de Galicia, así como da súa longa traxectoria sobre os escenarios tanto en solitario como xunto a outros coñecidos músicos galegos. En 2019, Salvado está a presentar Amarelo, un novo espectáculo no que reinterpreta cancións tradicionais galegas e doutras partes do mundo, acompañadas dos textos do escritor, guionista e actor Manolo Cortés. Nesta xira, acompáñano en escena Pedro Pascual e Pablo Dalama.

Pola súa banda, o multiinstrumentista Fernando Barroso forma parte de diferentes proxectos musicais, mentres continúa presentando en directo os temas do seu segundo traballo discográfico, Silence Lovers Club, xunto a Margarida Mariño ao violoncello. Neste disco, o swing e o jazz mestúranse con aires persas e coa tradición galega, sempre coa mandolina como fío condutor.

R., 2019-06-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES