Noticias

Máis de 150 profesionais inscríbense na sétima edición do mercado Galicia Escena PRO

Máis de 150 axentes culturais de Galicia e do resto de España reuniranse do 10 ao 13 de xuño en Santiago de Compostela para participar na sétima edición de Galicia Escena PRO que, como en anos anteriores, tamén abrirá o seu programa de espectáculos ao público xeral. O seu principal obxectivo é servir de escaparate para a compra-venda de producións galegas de teatro e danza, para o que se convida a asistir os responsables da programación de teatros, auditorios e festivais, así como de compañías e empresas distribuidoras. Entre os acreditados este ano, atópanse profesionais chegados de toda Galicia, pero tamén doutros puntos de España.

Máis de 150 axentes culturais de Galicia e do resto de España reuniranse do 10 ao 13 de xuño en Santiago de Compostela para participar na sétima edición de Galicia Escena PRO que, como en anos anteriores, tamén abrirá o seu programa de espectáculos ao público xeral. A Consellería de Cultura e Turismo promove este mercado galego das artes escénicas, que por vez primeira organizan de xeito compartido a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a asociación profesional Escena Galega.

O seu principal obxectivo é servir de escaparate para a compra-venda de producións galegas de teatro e danza, para o que se convida a asistir os responsables da programación de teatros, auditorios e festivais, así como de compañías e empresas distribuidoras. Entre os acreditados este ano, atópanse profesionais chegados de toda Galicia, pero tamén doutros puntos de España, como os representantes da Federación Estatal de Asociaciones de Empresas de Teatro y Danza (Faeteda), Festival Sagunt a Escena (Comunidade Valenciana), Feria Europea de Artes Escénicas para Niños y Niñas FETEN de Xixón (Asturias), Instituto de Artes Escénicas de Tenerife (Canarias), Grupo Focus de Barcelona (Cataluña), MADferia de Madrid ou Festival Musikaire de Elorrio (Biscaia), entre outros.

Cafescena e Noitescena

Ademais do programa de exhibición dos 20 espectáculos seleccionados e da sesión de pitching, na que se ofrecerá un adianto de 10 proxectos escénicos galegos, esta sétima edición potenciará a posta en común entre todos os participantes coa incorporación na súa axenda de varios momentos específicos para favorecer as conversas e o intercambio profesional. Así, xunto cos xa habituais aperitivos, que este ano terán lugar na Fundación SGAE ao finalizar as sesións de mañá, outros espazos para o encontro serán o Hotel Costa Vella, cos chamados Cafescena arredor de diferentes temáticas sectoriais; a Biblioteca Anxel Casal, onte terá lugar a mesa de traballo Cara a unha escena plural, e a Sala Riquela coas Noitescena PRO, como peche das tres primeiras xornadas do mercado.

Como en edicións anteriores, as representacións dos 20 espectáculos en cartel (17 galegos e tres chegados desde Cantabria, Madrid e País Vasco, en intercambio con MADferia e o proxecto Camiño Escena Norte) serán de acceso gratuíto para o público non profesional, en función da capacidade dispoñible en cada caso e previa retirada das entradas nas billeteiras do espazo correspondente.

R., 2019-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES