Noticias

Galicia comparte coas comunidades da España Verde a importancia de reforzar o posicionamento internacional desta marca turística

Tivo lugar en Álava o encontro da España Verde, coa presenza dos directores de turismo das catro comunidades autónomas que integran esta marca que, ademais de Galicia, está conformada por Asturias, Cantabria e País Vasco. Coincidindo con 30 aniversario da España Verde e baixo a coordinación que este ano asume o País Vasco, o encontro serviu para facer balance das actividades realizadas ata o de agora e avanzar na programación deste 2019. Preténdese intensificar agora os esforzos mediante unha serie de accións encamiñadas a captar novos mercados de interese estratéxico, especialmente o asiático, e centrarse nos recursos que unen ás catro comunidades.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no encontro da España Verde que se celebrou en Álava coa presenza dos directores de turismo das catro comunidades autónomas que integran esta marca que, ademais de Galicia, está conformada por Asturias, Cantabria e País Vasco.

Coincidindo con 30 aniversario da España Verde e baixo a coordinación que este ano asume o País Vasco, o encontro serviu para facer balance das actividades realizadas ata o de agora e avanzar na programación deste 2019. Nava Castro salientou a oportunidade que suporá para as catro comunidades poder reforzar o posicionamento internacional da marca turística do norte peninsular, despois de que a España Verde veña de participar con éxito nunhas xornadas de promoción e comercialización organizadas por Turespaña en China promovendo unha oferta conxunta da que desfrutar durante todo o ano.

Neste sentido, preténdese intensificar agora ese esforzo mediante unha serie de accións encamiñadas a captar novos mercados de interese estratéxico, especialmente o asiático, e centrarse nos recursos que unen ás catro comunidades, entre os que destaca o Camiño de Santiago, o patrimonio e a cultura, así como a enogastronomía.

O encontro celebrado hoxe incluíu un percorrido por algunha das adegas con máis historia do País Vasco, con visita guiada polos seus viñedos. Ao abeiro desta actividade, tamén se falou da oportunidade que supoñen estes recursos para a España Verde salientando a aposta de comunidades como Galicia por desenvolver un modelo turístico que impulsa os seus recursos culinarios e o traballo dos profesionais a través de Galicia Sabe, a estratexia de turismo enogastronómico coa que a Consellería de Cultura e Turismo está a traballar.

R., 2019-05-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES