Noticias

Lugo converterase na capital española do cómic histórico

O II Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia alterna sesións didácticas e educativas, con sesións prácticas e lúdicas. Comeza o xoves 25 de abril cunha masterclass sobre cor dixital, da man dun dos máis prestixiosos ilustradores de banda deseñada histórica do estado, Javier Montes, que traballa para as principais editoriais de cómic dos mercados americano e franco-belga, como Marvel, DC, Dargaud ou Le Lombard. Continuará na fin de semana do 4 e 5 de maio con sesións teóricas, conferencias e obradoiros prácticos sobre banda deseñada histórica. O sábado 4 de maio haberá ruta histórica polo Lugo Romano con Lidia de la Fuente, fundadora da empresa lucense Camiños con Arte, e especialista na historia de Lugo. Esta actividade, está organizada polo proxecto de turismo histórico Rutas de Historia.

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel Cráneo e ao ilustrador e colaborador das principais editoriais de cómic, Javier Montes, presentaron este xoves, no salón de actos do Pazo de San Marcos, o II Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia co que colabora o organismo provincial. Esta programación, que se celebrará en Lugo entre o 25 de abril e o 5 de maio, participarán os ilustradores Javi Montes, Víctor Boullón, José Barreiro, Miguel Fernández e Manel Cráneo, coordinador artístico do evento.

López Izquierdo subliñou que “tras o éxito da pasada edición, esta innovadora proposta, consolídase na capital lucense, pois inclúe actividades para os amantes da historia, do debuxo e do cómic. Este encontro, contribúe a poñer en valor a importancia desta disciplina artística e, especialmente, a calidade de profesionais galegos que, algúns deles, están a traballar nas mellores editoriais de cómic do mundo”.

O II Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia está organizado pola editorial especializada en banda deseñada Demo Editorial e polo portal web Historia de Galicia www.historiadegalicia.gal. Nesta cita, na que tamén colaboran a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e a Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Ramón Falcón, haberá proxeccións, obradoiros de debuxo para nenos, un roteiro histórico ou unha masterclass impartida por ilustradores, entre outros.

Masterclass, rutas, obradoiros e charlas, curtametraxes e contacontos

O II Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia alterna sesións didácticas e educativas, con sesións prácticas e lúdicas. Comezará o xoves 25 de abril cunha masterclass sobre cor dixital, da man dun dos máis prestixiosos ilustradores de banda deseñada histórica do estado, Javier Montes, que traballa para as principais editoriais de cómic dos mercados americano e franco-belga, como Marvel, DC, Dargaud ou Le Lombard. Será ás 17:00 horas, na Escola de Arte Ramón Falcón.

Continuará na fin de semana do 4 e 5 de maio con sesións teóricas, conferencias e obradoiros prácticos sobre banda deseñada histórica. O sábado 4 de maio, ás 10.00 horas, haberá ruta histórica polo Lugo Romano con Lidia de la Fuente, fundadora da empresa lucense Camiños con Arte, e especialista na historia de Lugo. Esta actividade, está organizada polo proxecto de turismo histórico Rutas de Historia.

A partir das 11:00 horas deste mesmo día no CENTRAD, haberá un obradoiro para nenos no que aprenderán as principais técnicas da ilustración histórica, a debuxar castrexos, romanos, viquingos ou cabaleiros medievais, entre outros. Os interesados en inscribirse poden facelo a través do seguinte enderezo: http://historiadegalicia.gal/ii-encontro-banda-desenada-historica-de-galicia/. Ás 13.00 horas os autores participantes no encontro asinarán libros na Librería Totem.

Na tarde do sábado, a sala central do CENTRAD acollerá varias conferencias e mesas redondas cos autores: Miguel Fernández, falará sobre a banda deseñada da Galicia medieval ás 17:30 horas; Manel Craneo, explicará a historia da banda deseñada en Galicia ás 18:30 horas; e Javi Montes e José Barreiro falarán sobre o mercado europeo de banda deseñada histórica ás 19:30 horas.

Por último e como remate a esta programación, o 5 de maio, ás 12:00 horas na Sala Clavicémbalo, proxectaranse películas e documentais sobre banda deseñada e haberá unha sesión de contacontos históricos da man do actor e contacontos, Avelino González. Tamén haberá oportunidade de manter conversas máis informais cos ilustradores.

R., 2019-04-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES