Noticias

Galicia preséntase en Fitur como destino que innova e se especializa con novos produtos ao redor do patrimonio e natureza

Galicia presentará iniciativas xa consolidadas como a Ruta da Camelia, os Trens Turísticos de Galicia –dos que se dará conta das novidades da sétima edición–, ou propostas enoturísticas como Paseando entre viñedos e a nova estratexia Galicia Sabe. Tamén estarán presentes os dez produtos cabeceira de marca e celebracións de longa tradición popular que continúan a gozar de moi boa saúde como os Entroidos galegos, con destacada presenza dos nove con recoñecemento turístico: os de Xinzo de Limia, Verín, Viana do Bolo, Laza, Manzaneda, Maceda, Vilariño de Conso, Cobres-Vilaboa e os Xenerais da Ulla.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, avanzou hoxe a programación que Galicia levará a 39ª edición de Fitur, a Feira Internacional do Turismo que se celebra en Madrid a partir deste mércores e na que a Comunidade galega se presentará como un destino que innova e se especializa con novidosas propostas ao redor do patrimonio, a natureza e a cultura galegas.

“A oferta galega para 2019 centrarase de maneira especial nun turismo comprometido e, sobre todo, cada vez máis innovador, especializado e adaptado ás novas inquedanzas dos viaxeiros”, explicou Nava Castro. Os novos produtos deseñados desde a Consellería de Cultura e Turismo que se presentarán en Fitur afondan, ademais, nun turismo que permite gozar da Comunidade sen présas á vez que axuda a pór en valor e coidar os múltiples recursos paisaxísticos, culturais e patrimoniais da Comunidade.

Produtos consolidados

Galicia presentará iniciativas xa consolidadas como a Ruta da Camelia, os Trens Turísticos de Galicia –dos que se dará conta das novidades da sétima edición–, ou propostas enoturísticas como Paseando entre viñedos e a nova estratexia Galicia Sabe. Tamén estarán presentes os dez produtos cabeceira de marca e celebracións de longa tradición popular que continúan a gozar de moi boa saúde como os Entroidos galegos, con destacada presenza dos nove con recoñecemento turístico: os de Xinzo de Limia, Verín, Viana do Bolo, Laza, Manzaneda, Maceda, Vilariño de Conso, Cobres-Vilaboa e os Xenerais da Ulla.

A Semana Santa galega tamén terá un destacado papel na actividade promocional de 2019. Con Ferrol e Viveiro ao fronte co seu recoñecemento internacional, porase en valor tamén o número das que están declaradas de interese turístico de Galicia, que continúa a medrar con Betanzos, Cangas, Mondoñedo, Paradela, o Santísimo Cristo de Fisterra e Santiago de Compostela entre elas. Do mesmo xeito estarán presentes as tres candidaturas a Patrimonio Mundial da Unesco, Cíes-Illas Atlánticas, Ribeira Sacra e Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración, que enriquecerán a oferta turística patrimonial de Galicia.

Realidade aumentada

Entre os novos produtos que se darán a coñecer en Fitur 2019, sobresaen Un paseo de historia e vida, un produto dinámico e vivo que propón percorridos por diferentes cascos históricos e que é froito do traballo levado a cabo en 2018 durante o Ano Europeo do Patrimonio Cultural ou o primeiro Smart Way-Rede Española. A Ruta dos fenicios no Atlántico-As Cassitérides, un novo itinerario que, aproveitando o éxito dos Minicruceiros costeiros polas rías de Galicia que xa funcionan nas Rías Baixas, permitirá aos viaxeiros achegarse por mar a gran parte dos vestixios fenicios que aínda se conservan en Galicia e aplicar técnicas de realidade aumentada para coñecelos.

Ademais, a WAOH! Route, a primeira ruta atlántica de turismo de mergullo, avanzará as súas accións que incluirán actividades náuticas con percorridos en kaiak polas rías ou avistamento de cetáceos, entre outras. Fitur tamén acollerá a presentación de Fest Galicia, a marca creada pola Consellería de Cultura e Turismo para promocionar a Comunidade como destino musical coa súa ampla oferta de festivais que funcionan de xeito profesional.

Os proxectos e accións que encherán de cultura e vida Galicia durante o Xacobeo 21 e a importancia de facer deste evento unha celebración universal e participativa terá un gran peso durante a feira internacional de Fitur. Do mesmo xeito que a accesibilidade no Camiño de Santiago e o labor de Galicia para garantir que a peregrinación sexa unha experiencia inclusiva, cun traballo plasmado no Plan de accesibilidade turística de Galicia e do Camiño de Santiago e coa colaboración de entidades como a ONCE.

Máis de 40 presentacións

Todos os recursos e novidades poderán coñecerse no stand de Galicia, no pavillón 9 de Ifema, do mércores 23 ao domingo 27. O stand acollerá máis de 40 presentacións, tanto as organizadas pola Consellería de Cultura e Turismo como das entidades que así o solicitaron. Contará cos módulos informativos de Galicia xeral, establecementos Q de Calidade, Camiño de Santiago, cascos históricos, Galicia Surfing, turismo de mergullo, turismo activo, natureza, festas, entroido, experiencias, Cidade da Cultura de Galicia, as catro provincias, as sete cidades, turismo náutico e produtos Clúster Turismo de Galicia, entre outros.

Como explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, tamén será unha ocasión importante para o sector turístico galego que disporá dunha área específica de traballo e punto de encontro para as súas relacións comerciais. A Consellería de Cultura e Turismo estará, así mesmo, no Workshops Hosted Buyers, encontros B2B (Business to Business), unha das principais accións profesionais da feira para establecer contactos cos principais operadores turísticos internacionais.

Os tres primeiros días, a feira enfócase a profesionais e na fin de semana abrirá para o público xeral. Neses días haberá degustacións de produtos gastronómicos, catas comentadas das cinco denominacións de orixe vitivinícolas ou exhibicións de Artesanía de Galicia, cun obradoiro e mostra en vivo de xoiería, xunto a diversos photocalls do Camiño de Santiago e distintas actuacións musicais e de baile.

R., 2019-01-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-abanea-2025.jpg) O Festival Abanea celebrará entre o 16 e o 20 de xullo a súa cuarta edición cun programa de danza contemporánea de distintos estilos que distribuirá 15 funcións de nove compañías entre os concellos de Ames, Outes, Marín, Foz e Celanova. ISMO Cultura, colectivo organizador do encontro, estenderá así a súa actividade de exhibición e dinamización ás catro provincias. A bailarina Andrea Castro presentou a primeira fase do espectáculo Lola y los lamentos, como artista seleccionada para o acompañamento bienal 2025–2026 co que o festival apoia procesos de creación de artistas emerxentes e que nesta edición terá como resultado a estrea de 'A mona de seda'.
Foto de la tercera plana (festival-hercules-brass.jpg) As diversas actividades do festival terán lugar do 28 de xullo ao 1 de agosto no claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova. A actuación que inaugurará a cita será a da Banda de Música de Celanova con James Morrison, un concerto único en España que terá lugar ás 20,30 horas. Ademais deste, subirán ao escenario a Boston Brass de Estados Unidos, Abraham Cupeiro coa Orquestra Gaos e pechará a edición o Hércules Brass Ensemble dirixido por Isabel Rubio e coa Boston Brass e Adam rapa como solistas. Así, os concertos complementaranse con cinco días de actividades formativas para un centenar de estudantes procedentes de distintas comunidades autónomas. Clases de alto nivel da man dalgúns dos participantes nas actuacións e un seguimento continuo e individualizado que garante un acompañamento pedagóxico para o alumnado.

Notas

O Campus Sur da USC será entre os días 19 e 21 de setembro o escenario do Festival Internacional Compostela Street, un dos encontros de cultura urbana e deportes extremos con maior impacto no Estado. O evento enmárcase na programación de benvida que a USC lle ofrece cada comezo de curso ao seu estudantado, e brinda os seus espazos para ser punto de encontro deportivo e cultural da mocidade, onde se xuntarán preto de 500 persoas.
230 investigadoras e investigadores noveis e experimentados participan estes xoves en venres no museo Marco de Vigo no 8º Annual Meeting do CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo. Baixo o lema 'Nanotechnology & Biomedicine: where science meets the future', o persoal investigador compartirá os seus coñecementos en ámbitos como a química, a física, nanotecnoloxía e saúde, co obxectivo de visibilizar as novas ferramentas para a medicina do futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES