Noticias

Un simposio internacional avaliará a pegada dos Paradores no turismo en España

Especialistas en patrimonio cultural e turismo abordarán a finais deste mes a análise da traxectoria da rede de Paradores no I Simposio Internacional ‘ Paradores, turismo e cultura. Rumbo ao centenario’. Esta é unha iniciativa que organiza o grupo de investigación Iacobus da USC en colaboración con Paradores de Turismo de España e que se celebrará entre os días 29 e 31 de xaneiro no Hostal dos Reis Católicos. O programa contempla un total de 26 relatorios de carácter científico organizados arredor de tres bloques temáticos: paradores e o patrimonio cultural; territorio e cultura; e xestión turística.

O encontro, de carácter internacional, centrará a súa atención na pegada que esta rede hostaleira ten deixado no turismo de España pero tamén como un espazo de reflexión arredor da valorización do seu potencial cultural, polo seu interese dende os puntos de vista patrimonial, artístico, histórico, arquitectónico, económico ou xeográfico, entre outros. O programa contempla un total de 26 relatorios de carácter científico organizados arredor de tres bloques temáticos: paradores e o patrimonio cultural; territorio e cultura; e xestión turística.

Dirixido pola doutora Patricia Cupeiro López, premio extraordinario de doutoramento da USC na área de Arte e Humanidades pola súa tese sobre renovación monumental en Paradores, o simposio reúne a especialistas do ámbito nacional xunto a relatores/as internacionais como Ana Cristina dos Santos Tostões (Instituto Superior Técnico de Lisboa/presidenta do DOCOMOMO), Carolina de Falco (Universidade de Campania “Luigi Vanvitelli), Susana Lobo (Universidade de Coimbra) e Luigi Coccia (Universidade de Camerino).

A actividade está recoñecida pola comisión académica do programa de doutoramento ‘Protección do patrimonio cultural’ con dez horas lectivas, estando pendente o recoñecemento para créditos ECTS. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da web do encontro, sendo de balde ata completar o aforo.

R., 2019-01-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES