
As oito edicións celebradas ata o de agora consolidan o EAN, en palabras de do titular de Cultura do Goberno galego, como un encontro de artistas novos, pero non noveis, como demostra a notable traxectoria, e talento dos e das participantes seleccionados, que ano a ano reforzan o EAN como unha cita de referencia na axenda da arte contemporánea de Galicia e do resto de España.
O acto de apertura, celebrado no Parque do Lago da Cidade da Cultura, contou tamén coa participación do director xeral do Banco Sabadell en Galicia, Pablo Junceda; do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; do director do EAN, Rafael Doctor e da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez. Pablo Junceda destacou o compromiso da Fundación Banco Sabadell coa creación contemporánea destacando que dedicamos todos os recursos que podemos non só a conservar a arte do pasado e do presente, senón a apoiar aos creadores que van ser o futuro da nosa arte e da nosa cultura.
Pola súa banda, Rafael Doctor quixo lembrar que polo EAN pasaron xa máis de medio milleiro de creadores e creadoras emerxentes, entre eles recoñecidas figuras como Jorge Perianes, Lois Patiño ou Nuria Güell, que naquel momento comezaban a abrirse paso no mundo da arte.
Artistas convidados
A calidade do programa do EAN, que ofrece a oportunidade de dialogar e aprender da man de artistas consolidados así como profesionais do ámbito xornalístico e curatorial, foi outra das cuestións postas de relevancia polo conselleiro de Cultura. Así, nesta edición contarase coa participación de María Moldes, Julio Falagán e Sandra Gamarra, que impartirán senllas conferencias e acompañarán aos e ás participantes ata o vindeiro xoves. Súmanse así á longa lista de artistas que participaron no EAN como relatores, e que inclúe nomes da relevancia de Berta Cáccamo, Menchu Lamas, Din Matamoro, Fernando Sánchez Castillo, Enrique Marty, Ramón Balsa ou Daniel Canogar.
Pola súa banda, David Barro, Semíramis González e Javier Díaz-Guardiola participarán tamén como observadores ou art followers que, como novidade desta edición, intervirán nunha mesa redonda na terceira xornada do Encontro.
Residencia artística no Gaiás
Ata o vindeiro xoves, os e as artistas emerxentes participantes no EAN8 van ter a oportunidade de darlle visibilidade ao seu traballo no xa clásico Foro Aberto, onde realizarán unha presentación centrada no seu proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións.
Ademais, co obxectivo de que este intercambio artístico se produza en todas as súas vertentes, o #EAN8 inclúe tamén visitas a centros de arte como o CGAC, a Fundación Granell e o DIDAC en Santiago de Compostela, e o Museo de Arte Contemporánea (MAC) na Coruña.
Por último, o Encontro de Artistas Novos ofrece a oportunidade de participar no Certame de Intervencións Artísticas das Torres Hejduk, convocatoria na que, a modo de desafío creativo, se convida a presentar un proxecto para este espazo singular. De feito, o EAN8 rematará coa inauguración da proposta gañadora na edición de 2017, un traballo que leva por título AAMA, Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica, do artista andaluz Francisco Ramallo.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.