Noticias

Sanidade lembra os consellos básicos para previr enfermidades de transmisión alimentaria na época de verán

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, aconsella a aplicación do decálogo de hixiene e seguridade alimentaria da Organización Mundial da Saúde para asegurar un verán saudable e lembra os consellos básicos para previr enfermidades de transmisión alimentaria, especialmente nos meses de verán. Neste senso, destaca a importancia da utilización do frío para a conservación dos alimentos, o cociñado completo dos mesmos e acadar temperaturas de arredor de 70ºC como mínimo cando se requenten alimentos xa preparados. Para evitar ou minimizar os factores que contribúen á contaminación dos alimentos, Sanidade lembra que deben adquirirse alimentos que sexan hixienicamente seguros.

Recomenda polo tanto mercar os produtos nos establecementos que conten cos pertinentes controis sanitarios e que procedan de industrias autorizadas e rexistradas. No caso de estar envasados, deben contar coa correspondente etiquetaxe e a data de caducidade debe atoparse dentro dos límites establecidos.

A Administración sanitaria galega subliña que as temperaturas máis altas do verán poden favorecer o deterioro máis rápido das comidas. Por iso recomenda cociñar tan preto da hora de comer como sexa posible, consumindo os alimentos preparados de xeito inmediato. No caso contrario, o recomendable é gardar os alimentos cociñados na neveira, por debaixo dos 5ºC. Non deben deixarse a temperatura ambiente, xa que algunhas bacterias multiplícanse moi rapidamente nestas circunstancias. Tamén é importante refrixerar toda a materia prima perecedoira que non se consuma de xeito inmediato, así como controlar regularmente a temperatura do frigorífico ou do conxelador.

A separación de alimentos é outra das normas básica á hora de cociñar de maneira segura, de cara a previr infeccións e intoxicacións. Os alimentos crus poden conter bacterias que contaminen outros alimentos. Precisamente por iso é importante gardar en recipientes separados, protexidos hermeticamente, os crus dos cociñados, de modo que nunca entren en contacto.

A importancia da limpeza

A hixiene frecuente das mans cando se está a manipular alimentos é sempre importante, pero especialmente nos meses de calor, dado que as condicións térmicas provocan o maior estrago dos mesmos. De aí que a Dirección Xeral de Saúde Pública recomende lavar ben as mans con auga e xabón, tanto ao empezar o traballo como no cambio de actividade e tantas veces como sexa necesario.

Tamén hai que manter escrupulosamente limpas todas as superficies sobre as que se van preparar os alimentos, sobre todo se se trata de alimentos crus (carne, peixe, ovos...), así como os utensilios de cociña (hai que utilizar utensilios diferentes para manipular os alimentos crus e os cociñados, ou limpalos moi ben entre un uso e outro).

Finalmente, e para asegurar un verán saudable, a Consellería de Sanidade recomenda utilizar sempre auga potable; lavar ben a froita e a verdura (sobre todo se se comen crúas); manter os alimentos protexidos dos insectos e doutros animais; non conxelar produtos que previamente foron desconxelados e seleccionar alimentos saudables e frescos.

R., 2018-08-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES