Noticias

Galicia asumirá a representación das autonomías no Consello de Ministros da UE en materia de agricultura no segundo semestre de 2018

Galicia asumirá a representación das comunidades autónomas españolas diante do Consello de Ministros da Unión Europea en materia de agricultura no segundo semestre deste ano. Así se acordou na Conferencia Sectorial de Agricultura celebrada hoxe en Madrid e á que asistiu a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez. Deste modo, aténdese o ofrecemento galego para ter esta responsabilidade, acompañando ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nos foros comunitarios.

Galicia asume esta representación despois da renuncia de Cataluña. Tamén Andalucía se postulara, se ben finalmente será a nosa comunidade a que teña esta responsabilidade. A conselleira do Medio Rural púxose a disposición do resto de comunidades autónomas españolas diante dos retos e negociacións que se presentan en Europa, especialmente en relación coa Política Agrícola Comunitaria (PAC).

Precisamente, nesta xuntanza avanzouse tamén na definición da postura española nas negociacións para a futura PAC, máis alá do 2020. Neste sentido, a conselleira reiterou a “lealdade” da Xunta co Ministerio, pero matizou que o documento de traballo presentado polo actual Goberno de España é “moi simple, de mínimos”, sendo preciso “entrar en profundidade” para desenvolvelo. E engadiu que nesta tarefa “non podemos perder tempo”, porque urxe concretar a posición con respecto á necesidade de manter o actual financiamento destas políticas, reforzar a figura do agricultor activo e continuar co enfoque de loita contra o despoboamento, entre outras medidas.

Neste mesmo sentido, Ángeles Vázquez incidiu na importancia de complementar o plan estratéxico nacional con plans por comunidades, para contemplar as peculiaridades de Galicia en asuntos como a dispersión da poboación, as pequenas explotacións ou o sector lácteo. Por todo isto, pediu a máxima celeridade e axilidade ao Ministerio para impulsar estes traballos.

Primeiros compradores

Precisamente en relación co sector leiteiro, a conselleira urxiu tamén ao Ministerio a regular canto antes a figura dos primeiros compradores, que xestionan, destacou, o 17% da produción galega. Advertiu que é precisa unha norma sobre o particular porque existe unha inseguridade xurídica para os gandeiros. Nesta liña lembrou que a Xunta, a través do Consello Galego da Competencia, defende a obriga de constitución dun aval por parte dos primeiros compradores, para protexer así, de maneira máis efectiva, os intereses dos gandeiros.

Reparto de fondos

Nesta Conferencia Sectorial aprobouse tamén o reparto de fondos do Estado para impulsar diferentes medidas relacionadas co fomento da actividade agrogandeira e o desenvolvemento rural. Galicia recibirá nesta distribución preto de 17 millóns de euros, que se destinarán ao programa galego de desenvolvemento rural, así como ao financiamento de medidas relacionadas coa sanidade vexetal, fomento do consumo de froita e leite nas escolas, reconversión de viñedo e promoción dos nosos viños en terceiros países (fóra da UE) ou para axudas de rendemento leiteiro, un concepto no que Galicia continúa sendo a comunidade española que máis fondos recibe.

R., 2018-07-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES