
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou na inauguración das xornadas Perspectivas financeiras no período comunitario 2021-2027. Retos e oportunidades para España e Galicia, onde chamou a atención sobre o moito que está en xogo na programación plurianual de fondos da UE. Así é que esixiu a Feijóo que sitúe como prioridade as necesidades de Galicia e plantexe nas institucións europeas unha axenda que incorpore os nosos intereses á mesa de negociación. Ten que entender, proseguiu Gonzalo Caballero, que os orzamentos comunitarios afectan de forma moi relevante a rexións como Galicia, que sofre un importante devalo demográfico e ten importantes diferencias de renda.
Instamos a Feijóo a que, máis alá da súa axenda de promoción dentro do PP, atenda os problemas do país, reclamou o líder dos socialistas galegos, co convencemento de que o novo reparto dos orzamentos vai ser fundamental para a Galicia da próxima década. Necesitamos fondos para converxer coas rexións máis avanzadas, recalcou, para lamentar que a Xunta teña esquecido facer xestións nesta liña.
De feito, reprobou que o goberno galego só estea centrado na xestión dos recortes e en presentar a Feijóo coma un bo xestor pese a ter disparado a débeda pública, e a que carece tanto de proxecto para Galicia como de estratexia para mellorar o reparto da PAC ou as inversións comunitarias nesta comunidade.
A modo de exemplo, Gonzalo Caballero aludiu a exclusión de Galicia do corredor atlántico de mercadorías ou ao feito de que se descubriu que, pese aos anuncios de Feijóo, a Xunta nin presentou candidatura para obter a sede do laboratorio europeo de bivalvos.
Fronte a isto, o secretario xeral do PSdeG defendeu a necesidade de marcar unha folla de ruta distinta e dar peso a Galicia tanto na política española coma na europea. Os socialistas, asegurou, levarán ás distintas institucións esa perspectiva que a Xunta non está asumindo.
E se Gonzalo Caballero sinalou que xunto a cuestións como o reparto dos fondos da PAC, hai que incorporar á negociación en Europa novas prioridades como a loita contra o devalo demográfico, o eurodeputado socialista José Blanco puxo tamén o foco en desafíos como o cambio climático.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.