
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
A responsable socialista aludiu ao suposto preacordo que o conselleiro da por asinado cos sindicatos, que compara co Máster pantasma da presidenta madrileña. Castro apunta que se ten un preacordo cos sindicatos, que o amose de inmediato, e se non o ten, debe ser cesado polo señor Feijóo por mentir e enganar a tódolos galegos e galegas.
A responsable socialista reclama explicacións inmediatas das negociacións cos traballadores e acúsao de utilizar a estratexia da mentira, aplicando a mesma doutrina que a de Cifuentes. A secretaria de Xustiza do PSdeG, Paloma Castro, criticou a absoluta incompetencia demostrada polo conselleiro Rueda na xestión do conflito laboral da Xustiza.
Paloma Castro reclama a presenza do conselleiro en sede parlamentaria para dar conta da súa xestión desta crise que lle desborda claramente e coa que está condenando a milleiros de galegos e galegas a retrasos de anos na aplicación dun dereito básico como é a xustiza.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.