
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O Grupo Popular defenderá no Pleno demandar que a Xunta desenvolva o Plan Estratéxico da Conserva Horizonte 2020 e inicie a elaboración do Plan estratéxico do conxelado así como ao Goberno central a inmediata posta en marcha da tarxeta social universal.
Pedro Puy concretou que, ben desde o Goberno galego ou desde o Grupo Popular, traemos ao Pleno temas importantes e relevantes para Galicia que afectan ao sistema produtivo, tanto ao sector enerxético, a aplicación da Política Agraria Común ou o sector conserveiro; e temas de índole social, como a implantación da tarxeta social universal, a ampliación do Hospital de Montecelo en Pontevedra ou os centros de información á muller.
Máis en concreto, especificou que na sesión plenaria comparecerán os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, para falar das directrices enerxéticas de Galicia; e do Medio Rural, sobre o futuro da Política Agraria Común en Galicia.
No apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular demandará que a Xunta desenvolva o Plan Estratéxico da Conserva Horizonte 2020, que recolle as liñas principais para asegurar a competitividade e viabilidade do sector cara ao futuro. O portavoz popular subliñou que a produción da conserva en Galicia supuxo en 2016 un total de 1.291 millóns d euros, sendo o 85 por cento da produción de España.
Así mesmo, solicítase que se inicie a redacción do Plan estratéxico do conxelado, que determine as oportunidades que se abren neste sector e fortalecer as liñas de traballo que permitan a expansión da produción e a obtención de maior valor engadido para os produtos galegos.
En segundo lugar, o Grupo Popular defenderá que o Goberno central poña en marcha de xeito inmediato a tarxeta social universal. Pedro Puy salientou a importancia desta identificación porque, ademais de permitir a mobilidade de información entre as diferentes administracións públicas, facilita coñecer a situación real de cada titular da tarxeta e poder prestar os servizos dun xeito máis racional e eficaz.
No apartado de preguntas, o Grupo Popular cuestionará ao Goberno galego sobre os resultados do fomento da xestión compartida dos centros de información á muller existentes en Galicia; os avances e novidades respecto da ampliación do Hospital Montecelo en Pontevedra; e o balance da primeira fase do Plan de transporte público de Galicia.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.