
Nota publicada por Culturagalega:
O festival O Son do Camiño ven de presentar o peche do seu cartel e a distribución por días do mesmo, ademais de poñer data e hora para a saída á venda das entradas diarias.
Sete novas incorporación artísticas veñen sumarse e completar o cartel do evento, entre elas Terbutalina representa á escena musical galega e son de destacar tamén os nomes do Dj produtor belga Lost Frequencies, o de Residente, fundador e vocalista de Calle 13 e desde Brasil a bnada de rock Republica.
Tamén se engade o Dj holandés Don Diablo, os madriñenos Sexy Zebras e a banda mallorquina L.A. Na distribución por días os cabezas de cartel quedan como segue: The Killers estarán na primeira das xornadas xunto con Franz Ferdinand, Lost Frequencies, Triángulo de Amor Bizarro, Agoraphobia e BALA entre outros o día 28 de xuño; o seguinte día 29 será a quenda dos británicos Jamiroquai e de Two Door Cinema Club, Malandrómeda, La M.O.D.A. e Furious Monkey House; Lenny Kravitz actuará na xornada de peche o sábado 30 onde se negade agora a Terbutalina e na que tamén están, entre outros, León Benavente, C.Tangana, Novedades Carminha e Eladio y los seres queridos.
As entradas de día sairán á venda o mércores 18 de abril ás 10:00 da mañá ao prezo de 39 + gastos cada unha na web do festival e Ticketea. A organización informará de tódolos detalles sobre o proceso de compra.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.