Noticias

El PPdeG destaca el compromiso del Gobierno central con el AVE a Galicia destinando el 50% de la inversión prevista en los PGE de 2018

El portavoz de Infraestructuras del Grupo Popular, Martín Fernández Prado, destacó en el Parlamento del Parlamento gallego que "el compromiso del Gobierno central con el transporte ferroviario en Galicia se refleja en que de los 900 millones de euros consignados por Fomento en el proyecto de presupuestos del Estado para 2018 para la Comunidad gallega, más del 50% son para el ferrocarril". A nacionalista Ana pontón advierte a Feijóo de que su sumisión a Madrid lo coloca en la casilla de salida para la sucesión al presidente Mariano Rajoy.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, salientou no Parlamento que “o compromiso do Goberno central co transporte ferroviario en Galicia refléxase en que dos 900 millóns de euros consignados por Fomento no proxecto de orzamentos do Estado para 2018 para a Comunidade galega, máis do 50 por cento son para o ferrocarril”.

Deste xeito, Martín Fernández reiterou tanto a En Marea como PSOE que “apoien a aprobación dos orzamentos xerais, xa que neles aparecen as partidas específicas para a mellora ferroviaria en Galicia e a mellora da seguridade no Eixo Atlántico de alta velocidade”.

“O compromiso co AVE do Goberno central vén sendo reiterado en obras e orzamentos”, subliñou o portavoz popular, quen lembrou que “o propio ministro de Fomento ven cada tres meses a Galicia a dar conta dos avances, porque o obxectivo é que as obras do AVE estean rematadas a finais de 2019”. Neste momento, concretou que están executados o 80 por cento dos tramos e o resto atópase en obras.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

Ana Pontón afirmou que Feixóo “ten a cabeza máis en Madrid, que en defender os intereses de Galiza” e advertiulle que a súa obediencia e submisión a Mariano Rajoy “non o sitúa na casilla de saída” para a sucesión, entre outras cousas, dixo, porque non creo que a alternativa ao máster de Cifuentes sexan “as fotos de Feixóo nun iate cun narcotraficante”. Os galegos e galegas pagámoslle por defender os intereses deste país, “non use a Galiza como moeda de cambio” para os intereses da súa carreira política.

Hai un ano, explicou a nacionalista preguntáballe polo recortazo de Raxoi a Galiza nos orzamentos do Estado, “nada menos que 440 millóns de euros”. Calquera presidente reaccionaría dando a cara polo seu país pero a vostede faltoulle tempo para bendicir o recortazo e, a cambio, anunciaba unha comisión para controlar os investimentos. Unha comisión que nunca existiu, e iso que ía estar presidida por vostede mesmo. A súa palabra, recalcou Pontón, “ten a mesma credibilidade que o máster de Cifuentes”.

Non existiu comisión, e o peor, engadiu, é que non se executan os investimentos anunciados. Segundo os datos do Proxecto de Orzamentos, o Estado deixou sen investir 4 de cada dez euros prometidos, a maioría para as obras do AVE que, por exemplo, no tramo Olmedo-Lubián-Ourense deixou no caixón a metade do anunciado.

E como reacciona o Presidente da Xunta ante este novo recortazo nos investimentos dos PXE, preguntou Pontón, pois pedindo “unha procesión”. O pasado sábado en Sevilla, Feixóo pediu ao ministro de Fomento organizar no ano 2019 “unha procesión do AVE a Galiza” expresando o seu desexo de que “o santo desa procesión fora o Presidente Raxoi baixando na estación do AVE en Ourense”. Xa sei que parece un monólogo do Club da Comedia, pero non o é, era vostede falando do AVE galego en Sevilla, unha cidade, que por certo, xa celebrou o 25 aniversario da chegada da alta velocidade mentres aquí “seguimos esperando e vendo como vostede se encomenda ao Santo Mariano Raxoi”.

Sen embargo, as risas que provocou a súa intervención sevillana, indicou Pontón, non tapan a realidade: este ano “Galiza recibe outra labazada nos orzamentos do Estado, e mesmo recoñecen que as obras do AVE non finalizarán ata o 2025”.

Señor Feixóo, cambie de Santo ou teña un pouco de dignidade e exerza como presidente deste país, ironizou porque nas contas para 2018, “o Estado presidido polo SANTO RAXOI vai gastar 3 veces máis en rescatar as autoestradas de Madrid que en investir en Galiza, soportamos os segundos investimentos máis baixos, en 15 anos, non hai proxectos novos e os vellos acumulan incumprimentos”.

Ante a nova discriminación a Galiza nos investimentos dos Orzamentos Xerais do Estado, a portavoz do BNG propuxo unha reunión urxente, de todos os grupos parlamentarios, “se pode ser mañá mesmo”, dixo, para “reclamar de maneira unánime”: un investimento do 32% como o de Euskadi, consensuar unha proposta para que o AVE finalice no 2019, modernizar o ferrocarril, sanear as rías, financiar as zonas arrasadas polos lumes e subir as pensións. Ademais, Pontón tamén demandou que ningún deputado ou deputada do PP, elixido por Galiza apoie estas contas mentres supoñan un novo maltrato a Galiza.

R., 2018-04-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES