Noticias

Expertos reclaman que la Xunta aporte a la cultura gallega el 1% de su gasto en el año 2021

El Consello da Cultura Galega, en su informe sobre el diagnóstico de la cultura gallega, traza las líneas maestras de la estrategia cultural para el siglo XXI. Una hoja de ruta que incluye como reivindicación que se destine el 1% del gasto en Galicia al sector cultural que desde el año 2009 sufre los recortes "demasiado agresivos" aplicados en el gasto público y que ahora empieza a recuperarse pero "muy insuficientemente".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Consello da Cultura Galega:

Incrementar o orzamento público en cultura da Xunta de Galicia, coordinar e integrar máis as políticas culturais das diferentes administracións, mellorar a presenza da cultura galega no exterior e asumir os retos da dixitalización son algunhas das propostas que realiza o Consello da Cultura Galega para as futuras políticas públicas da cultura en Galicia. Así o manifestou o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, durante a entrega do documento Diagnose da cultura galega. Datos para unha estratexia cultural no século XXI ao conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez.

Este informe é o resultado do convenio subscrito entre as dúas entidades para a elaboración dunha análise básica que empregará o Goberno galego para a elaboración da Estratexia da Cultura Galega 2021, as liñas xerais de actuación da administración pública autonómica no ámbito da política cultural. No acto tamén estiveron presentes Xosé López, secretario do Consello da Cultura Galega, e Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

O documento, que pode ser consultado no web corporativo do CCG, establece signos positivos e negativos da cultura galega, e unha serie de liñas de acción prioritarias desde a perspectiva da política cultural pública. É o resultado dun traballo estatístico e cualitativo, no que se empregan todo tipo de fontes primarias: desde entrevistas a expertos ata o acceso a todo tipo de fontes estatísticas, algunhas delas pouco usadas no ámbito cultural.
Accións que deberan ter prioridade

A diagnose do CCG pasa por cuantificar o potencial económico da cultura do país. Esta produce un 2% do PIB galego e supón un dos activos estratéxicos máis relevantes de Galicia. O CCG sinala que “resulta aconsellable un incremento no orzamento en cultura da Xunta”, pasando por incrementar o 0,65% do orzamento da actualidade ao 1% do gasto público consolidado nos próximos catro anos e a un 1,5% nun prazo de dez anos”. Para o Consello da Cultura Galega, este “obxectivo sería congruente coas achegas do sector cultural ao emprego e ao PIB de Galicia”, que representa un 2% da produción económica do país.

Vinculado a isto, o CCG na súa Diagnose sinala a necesidade de “implementar políticas culturais de natureza interinstitucional”, debido á “inexistencia” na actualidade dunha política coordenada de programación de actividades entre as diferentes administracións do país.
Na Diagnose, o CCG chama a atención ao redor da “pouca presenza” da cultura galega no espazo dixital e recomenda ao goberno “reforzar políticas públicas destinadas a potenciar o tecido de medios de comunicación e plataformas de cultura en lingua galega”.

O Consello da Cultura Galega sinala prioritario comezar a dispoñer de estatísticas en numerosos ámbitos culturais dos que aínda se carece de información fiable, co gallo de poder realizar políticas públicas máis precisas. Esta información máis precisa é fundamental, segundo o CCG, para poder deseñar “políticas específicas e integrar a cultura exterior na dinámica xeral do sector cultural galego”.

Na diagnose, o CCG sinala signos negativos e positivos no sector cultural galego na actualidade. Entre os negativos, sinala a ausencia de datos sobre moitos dos ámbitos da cultura do país, os elevados recortes orzamentarios aos que se viu sometida a cultura por parte da administración nos últimos anos e a falta dunha estratexia xeral ao redor da cultura. Tamén destaca a escasa profesionalización de moitos ámbitos culturais ou a presenza dunha cultura da gratuidade que reduciu o valor dos contidos culturais, así como a escasa presenza de programación cultural no rural. O informe tamén salienta a “mala percepción social da xestión pública do patrimonio cultural” e o descenso do apoio da administración pública ao eido do libro en galego.

Entre os aspectos positivos, o CCG destaca a “gran relevancia social e peso económico” da cultura en Galicia, que xera un 2% da riqueza galega e á que están vinculados un 3% dos traballadores. A Diagnose sinala o “bo comportamento” da asistencia a espectáculos e unha “incipiente” recuperación do gasto público en cultura, combinado cunha mellora do diálogo e cooperación entre poderes públicos. Tamén chama a atención sobre unha sociedade civil activa e organizada ao redor da cultura e o interese que esperta Galicia como destino de turismo cultural.

R., 2018-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES