Noticias

El PPdeG pide que se preserve el Pacto de Toledo para modernizar las pensiones y la oposición reclama que se tome nota de las movilizaciones

Los partidos que conforman la oposición política en Galicia (En Marea, PSdeG y BNG) advierten de que la sociedad está "harta" y denuncian las "discriminaciones" instando a tomar nota del clamor social. Con las segundas pensiones más bajas del Estado, Galicia ha salido a la calle, aunque el PPdeG considera que la movilización no les pasará factura. El PPdeG sostiene, además, la necesidad de defender en el Congreso de los Diputados el Pacto de Toledo como instrumento para consensuar el avance y la modernización del sistema de pensiones.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

A deputada do Grupo Popular Cristina Romero demandou no Parlamento que os grupos parlamentarios do Congreso preserven o Pacto de Toledo como instrumento no que consensuar o avance, adaptación e modernización do sistema público de pensións. Así mesmo, manifestou o apoio á inclusión nos orzamentos do Estado para 2018 de axudas fiscais no IRPF para os pensionistas, así como dunha mellora das pensións mínimas e de viuvez. Cristina Romero asegurou que “o debate das pensións, tanto do presente como do futuro, é de tal transcendencia que o temos que afrontar sen demagoxia, e facelo así é un clamor social”. “Precisamente para evitar caer na demagoxia de quen ofrece máis sen explicar como afrontalas; e para analizar os problemas estruturais do sistema e as reformas que se deberían acometer para garantir o futuro dunhas pensión dignas naceu o Pacto de Toledo”.

A deputada popular avogou por “continuar dando cumprimento ao establecido no artigo 50 da Constitución, que obriga aos poderes públicos a garantir pensións axeitadas e periodicamente actualizadas ás nosas persoas maiores”. “Dicimos continuar porque así se veu facendo, a excepción da decisión do Goberno socialista de conxelalas, non usar o fondo de reserva en 2011 cunha inflación do 2,9 por cento e provocar a conseguinte perda de poder adquisitivo”, explicou. Pola contra, salientou que “cando o PP chegou ao goberno, no peor momento dunha crise económica devastadora e cun sistema que sufriu a perda de tres millóns de cotizantes mentres os pensionistas se incrementaban en un millón, non só se desconxelaron as pensións, senón que se revalorizaron todos os anos”.

Cristina Romero apuntou que “hoxe se pagan máis pensións que nunca, máis altas e durante máis tempo”. Así, concretou que a pensión media en España pasou dos 766,52 euros en 2007 aos 1.071,01 euros en 2017 e, por primeira vez desde 2008, os ingresos por cotas medra por enriba do gasto en pensións. Deste xeito, demandou aos representantes de En Marea que “traballen no Congreso dos Deputados dentro do Pacto de Toledo, presenten alí a lei para modificar o cálculo das pensións e apoien as medidas fiscais no IRPF para os pensionistas e as propostas de mellora das pensións mínimas e de viuvez”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, espera que os gobernos do PP en Galiza e no Estado “tomen nota” das manifestacións que volveron encher as rúas para reclamar pensións dignas e advertiu que esas mobilizacións “irán a máis” se o PP “non rectifica”.

“É importante saber se os gobernos de Raxoi e Feixóo tomaron nota das manifestacións das persoas pensionistas que están dicindo que están fartas de non chegar a fin de mes, de que se lles tome o pelo, fartas dese mísero 0,25%, fartas de ser o sostén de milleiros de familias durante a crise e que están fartas de soportar a prepotencia e o desprezo do PP”, salientou Pontón.

Mostra deste desprezo é ver precisamente a ministra de Traballo “como unha das máis críticas coas mobilizacións dos pensionistas un día para o seguinte ser ela quen se suma á manifestacións para facer carroñerismo político coa dor das vítimas”, criticou en relación a presenza de Fátima Báñez nas concentracións a favor da prisión permanente revisable. Igual que considera unha “burla” a reiterada apelación do Executivo de Raxoi ao aforro a traballadores e traballadoras con salarios que non permiten chegar a fin de mes.

Pontón instou ao presidente da Xunta a demostrar que está disposto a rectificar apoiando a proposta de subida das pensións que o BNG elevou ao Parlamento. En concreto, unha medida que depende exclusivamente da “vontade política” do xefe do Executivo que consiste en destinar 40M€ para subir en 100€/mes as pensións non contributivas cuxo importe é de 377€/mes.

“Non é a solución pero sería un alivio para 40.000 galegas e galegos cuxos ingresos os sitúa por debaixo do umbral da pobreza, unha medida perfectamente executable porque o seu custe é de 40 millóns de euros dun orzamento de 9.000 millóns, polo que se trata dunha decisión política non económica e sería unha mensaxe clara desde Galiza ás demandas das persoas pensionistas”, recalcou Pontón, quen tamén lembrou que cada ano quedan centos de millóns dos presupostos sen executar.

A iniciativa que o BNG defende no pleno desta semana tamén inclúe subidas para as prestacións cando menos o equivalente ao IPC, máxime neste país que ten as segundas pensións máis baixas do Estado e tendo en conta que lonxe de reducirse medrou o diferencial coa media estatal desde 2009 e, a día de hoxe, unha pensionista galega recibe 179€ menos ao mes que a media. Tamén propón recuperar a idade de xubilación aos 65 anos e establecer a pensión mínima no SMI.

A formación nacionalista considera prioritario derrogar as contrarreformas laborais do PP e do PSOE “que debilitaron o sistema público de pensións xa que baixos salarios e sinónimo de baixas pensións”. “É preciso atacar a precariedade laboral e recuperar poder adquisitivo”, recalcou Pontón, convencida de que “hai riqueza suficiente para manter o sistema público de pensións partindo da base de que debe ser unha prioridade política e tendo en conta que o gasto en pensións en España é do 10,7% por debaixo 12,2% do PIB que destinan na eurozona”.

R., 2018-03-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES