
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia:
Miles de persoas saíron ás rúas da Coruña, Ferrol,Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra,Vigo, Vilagarcía, Viveiro, Foz,Ribeira, O Grove e O Barco de Valdeorras para berrar que basta xa e demandar pensións dignas, a recuperación do poder adquisitivo das pensións e denunciar a miserable e irrisoria suba do 0,25%.
Estas mobilizacións enmárcanse nunha campaña de ámbito estatal, que xa comezou en setembro de 2017 coas marchas polas pensións dignas, e que será sostida e crecente mentres o Goberno non mude a súa postura en relación ás pensións dos xubilados deste país.
UGT-Galicia denuncia que as pensións perden poder adquisitivo e só se revalorizan un 0,25%, en cambio, todo sube, de feito, os prezos xa se sitúan este ano nunha media interanual do 1,1%.
A pensión media sitúase en 918 euros e a máis frecuente en 650 e o 50% das pensións non chega ao SMI e o 38% dos pensionistas viven baixo o limiar da pobreza.
Neste contexto, non se pode esquecer que as pensións son a fonte de ingreso de máis de nove millóns de persoas e que nos peores momentos da crise catro de cada dez pensións contribuíron a soster ao núcleo familiar.
UGT considera que o Goberno debe garantir xa o poder adquisitivo das pensións; erradicar o déficit da Seguridade Social e garantir o presente e futuro das pensións e do sistema público.
Ambos sindicatos denuncian a actitude do Goberno que bloquea o diálogo social e non atende as demandas sindicais nin as iniciativas aprobadas no Parlamento para garantir o poder adquisitivo das pensións e derrogar a reforma de 2013.
Hai que eliminar as subvencións con cargo á Seguridade Social, cuxo custe debe asumir o Estado; porque hai que conseguir que os gastos do sistema se paguen como o resto dos organismos públicos, cos Orzamentos Xerais do Estado e non con cotizacións; porque hai que destopar as cotizacións; e porque hai que mellorar os ingresos do sistema, tanto os derivados de cotizacións como de ingresos fiscais.
Resulta fundamental protestar contra o empobrecemento duns pensionistas que perden poder adquisitivo por segundo ano consecutivo e esixir un modelo público de pensións eficaz e eficiente que é incompatible coa reforma aprobada polo Partido Popular en 2013.
As medidas impostas polo Goberno do PP nos afectan a todos, xa que o índice de revalorización e o factor de sustentabilidade supoñen a curto e medio prazo un recorte das pensións presentes e futuras e aféctannos a todos.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.