
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle ao presidente da Xunta que siga o exemplo do presidente socialista da Comunidad Valenciana e consensúe coa oposición a postura de Galicia fronte á reforma do modelo de financiamento autonómico.
Así o dixo na súa intervención nun almorzo informativo organizado polo Fórum Europa - Tribuna Galicia, no que reclamou "unha folla de ruta definida que mobilice os recursos públicos, oriente as enerxías sociais e faga marchar ao conxunto da sociedade en pós da modernización inclusiva".
Criticou que o goberno galego teña administrado o crecemento "coni inercia conservadora e cortedade de miras", e instou a "practicar un autogoberno de amplitude estratéxica, realista e intelixente, integrado en España e Europa e sen medo ao cambio".
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.