Noticias

El espectáculo Resaca acumula el mayor número de candidaturas (10) a los XXII Premios de Teatro María Casares

Un total de 9 espectáculos consiguen candidaturas finalistas en los XXII Premios de Teatro María Casares que se entregan el 21 de marzo en el Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. La obra que acapara mayor número de nominaciones es "Resaca", de IlMaquinario Teatro, que aspira a 10 galardones. Martes de Carnaval, del Centro Dramático Gallego, le sigue de cerca y logra 9 candidaturas.

Nota de prensa Premios María Casares:

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os/as nomeados/as aos XXII Premios María Casares, a gran festa do teatro cuxa gala se celebra o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os espectáculos finalistas nas catorce categorías coas que contan os Premios déronse a coñecer na Festa dos Nomeados/as, deste 2017. O Auditorio de Galicia acolleu esta tarde o acto, presentado pola actriz e secretaria da entidade Iria Sobrado, ao que acudiron a maior parte dos/as profesionais finalistas deste 2018. Sobrado, na súa presentación, destacou que durante a inscrición aos premios un total de 32 espectáculos e máis de 300 profesionais presentaron as súas candidaturas.

No acto presentouse tamén a imaxe dos premios deste ano, realizada pola ilustradora Xulia Vicente coa intención de fomentar as relacións creativas entre as artes escénicas e o mundo da ilustración. A partir de esta edición os María Casares pretenden contar coa colaboración de ilustradores e ilustradores de recoñecido prestixio como Xulia Vicente coa que iniciamos esta nova etapa.

Xulia Vicente (1993, Cariño). Cursa o grao en Belas Artes en Valencia. O seu primeiro libro combina banda deseñada con relato escrito e publícase en 2016: Anna Dédalus: El misterio de la mansión quemada (Andana Editorial), con Miguel Ángel Giner Bou e Núria Tamarit. Máis adiante séguenlle Duerme pueblo (Ediciones La Cúpula), de novo xunto a Núria Tamarit, e Ari, cazador de dragones (Sallybooks) con guión de Manuel Gutiérrez. Participa noutras publicacións como Licor Café (Demo Editorial) ou Voltio (Ediciones La Cúpula), e en diversos fanzines (Sacoponcho ou Nimio entre eles).

En total de 9 espectáculos acadaron algunha nomeación nos catorce apartados nos que se dividen os María Casares: maquillaxe, vestiario, iluminación, música orixinal, adaptación-tradución, texto orixinal, escenografía, actriz secundaria, actor secundario, actriz protagonista, actor protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil.

‘Resaca’, de ilMaquinario Teatro, converteuse neste 2018 na produción con maior número de finalistas ao obter un total de 10 nomeacións. Pola súa banda, ‘Martes de Carnaval’, do Centro Dramático Galego, aspira a 9 galardóns. ‘A cabeza do dragón’, de Producións Teatráis Excéntricas e , ‘Soño dunha noite de Verán’ de Voadora acadan 7 cada unha e ‘Elisa e Marcela’, de A Panadaría, obtén 6 candidaturas finalistas. ‘Fillos do sol’ de Contraproducións ten como finalista o texto orixinal de Cándido Pazó. ‘Outono’ de Pistacatro, ademais de optar ao premio á mellor maquillaxe, optará ao premio ao mellor espectáculo infantil xunto a ‘A galiña azul’, de Tanxarina, e ‘Pum, Pum!’, de Baobab Teatro.

NoticiaCada espectáculo aspira aos premio nas seguintes categorías (entre parénteses, número de premios ao que optan):

1. Resaca. IlMaquinario Teatro (10): espectáculo, dirección (Tito Asorey), actriz protagonista (Melania Cruz) actor protagonista (Fran Lareu), actriz secundaria (Laura Míguez), actor secundario (Fernando gonzález), texto orixinal, música orixinal, escenografía, e iluminación.

2. Martes de Carnaval. Centro Dramático Galego (9): Dirección (Marta Pazos), actriz protagonista (María Roja) actor protagonista (Miquel Insua), actriz secundaria (Anabell Gago), adaptación/tradución, iluminación, escenografía, maquillaxe e vestiario.

3. A Cabeza do dragón. Producións Teatráis Excéntricas (7): dirección (Quico Cadaval), actor protagonista (Iván Marcos), actor secundario (por partida dupla: Josito Porto e Víctor Mosqueira) adaptación/tradución, iluminación, e vestiario.

4. Soño dunha noite de verán. Voadora (7): espectáculo, actriz secundaria (Areta Bolado), adaptación/tradución, escenografía, música orixinal, maquillaxe e vestiario.

5. Elisa e Marcela. A Panadaría(6): espectáculo, dirección (Gena Baamonde), actriz protagonista (Areta Bolado), actriz secundaria (Ailén Kendelman), texto orixinal e música orixinal.

6. Outono. Pistacatro (2): espectáculo infantil e maquillaxe.

7. A galiña azul. Tanxarina (1): espectáculo infantil

8. Fillos do Sol. Contraproducións(1): Texto orixinal

9. Pum Pum! Baobab Teatro (1): espectáculo infantil

Na Festa dos Nomeados participaron, ademais, os e as representantes dalgunhas das diferentes institucións que colaboran na organización dos premios: A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic-Consellería de Cutura, Educación e Ordenación Universitaria-Xunta de Galicia), a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Fundación AISGE e o Concello de Santiago. Deste xeito, entregáronlles aos nomeados e nomeadas os diplomas Jacobo Sutil, director da Agadic; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Isabel Blanco, Delegada en Galicia de AISGE (Artistas Intérpretes Sociedad de Gestión), e Branca Novoneyra, concelleira de acción cultural de Santiago de Compostela. Pola súa banda, a presidenta da AAAG, Nieves Rodríguez, na súa intervención destacou a participación deste ano e a calidade dos espectáculos.

R., 2018-02-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES