
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
O anuncio de Montoro relativo a establecer unha quita da débeda ás comunidades autónomas deixa en evidencia o erro cometido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ao decidir non acudir ao sistema de financiamento público das comunidades autónomas como era o Fondo de Liquidez Autonómica (FLA) e optar pola banca privada pagando un diferencial de xuros de centos de millóns de euros que aínda estamos a pagar.
Que Feijóo se convertera no campión dos recortes foi malo para os galegos e galegas desde sempre que viron como as súas condicións de vida empeoraban. O campión dos recortes e da austeridade para levar a cabo unha campaña de imaxe que foi a máis cara da historia e que agora Montoro pretende novamente castigar a Galicia por este erro denunciou o voceiro de En Marea, Luís Villares.
O deputado de En Marea no Parlamento, Manuel Lago, asegurou que o anuncio de Montoro provocou unha grande preocupación e evidencia o fracaso da estratexia da Xunta de Galicia nas dúas lexislaturas de Feijóo. Galicia foi, segundo o deputado de En Marea, a comunidade que máis recortou o gasto e agora o ministro o que ven a dicir é que esta estratexia non só era inxusta senón que non serviu para nada. Aínda máis poderíamos ser castigados por este esforzo sobre as contas públicas o que suporía pagar dúas veces polos erros de xestión da Xunta engadiu Lago.
No relativo á débeda, o deputado de En Marea sinalou que se ben é certo que a dureza dos recortes provocou que a débeda galega se incrementase menos que noutras comunidades, a realidade é que en 9 anos de goberno Feijóo incrementouse en 7.400 millóns, o dobre que nos 27 anos anteriores con catro presidentes asegurando que endebedounos moito e mal afirmou Manuel Lago.
Pese ao anuncio do ministro, o grupo de En Marea mantén que estamos a tempo de evitar a dobre estafa de Montoro e evitar esta discriminación con Galicia. Fronte as declaracións do presidente da Xunta opoñéndose a quita, En Marea considera imprescindible que teña lugar pero equitativa, xusta, sen discriminacións e privilexios. As declaracións do ministro fixo entrar en situación de pánico a Feijóo porque o deixa en ridículo por iso dixo que non debía darse esa quita salientou Manuel Lago.
A débeda actual como destacan desde En Marea é impagable e por iso defenden a necesidade de levar a cabo unha reestruturación, especialmente agora que comezan a subir tipos de xuro o que nos sitúa nunha situación de risco.
Ten que haber unha quita da débeda pública de Galicia que ten que ser igual que no resto de comunidades do Estado e que permita que os orzamentos podan destinarse a financiar gasto público e protección á cidadanía. O resto da débeda do FLA ten que metabolizarse alongando os seus prazos e reducindo o seu tipo de intereses o que sería facer débeda perpetua levando a 50 anos e facendo que deixe de presionar sobre o orzamento d Xunta.
Desde o grupo de En Marea concluíron pedindo directamente ao ministro de Hacenda, Cristobal Montoro, que non discrimine a Galicia polos erros cometidos por Feijóo. Os galegos e galegas non temos que pagar os seus erros e a súa campaña de imaxe.
Fotografía: archivo GD / Xunta de Galicia
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.