
Nota de prensa de la Editorial Galaxia:
A Editorial Galaxia publicará durante este ano e o vindeiro, dous libros inéditos de Xosé Neira Vilas. Ambos os textos aparecerán dentro da Biblioteca de Autor que a Editorial Galaxia dedicou, xa en vída, a reunir a obra do escritor inmortal de Memorias dun neno labrego.
Neste ano 2018, durante o mes de abril, publicarase De Gres a Cádiz, un libro composto por un ramallete de lembranzas, de prosas condensadas que comecei a escribir, de vagariño, en xaneiro de 1996, tal como afirma o autor no limiar que deixou preparado para esta edición. Xosé Neira Vilas recoñece tamén abordar neste novo libro unha parte da súa vida con nostalxia e coa idea de revelar, ao meu xeito, a Galicia aldeá de varias décadas atrás. E, como é característico de toda a súa produción, literaria ou memorialística, bota man da narración en primeira persoa para dar conta do mundo que viu dende os seus ollos atentos. Deste xeito en De Gres a Cádiz enmárcanse as vivencias do autor no período comprendido entre a súa estancia no Gres que o víu nacer, e a chegada a Cádiz, cidade onde se embarcou aos 20 anos cara a América disposto a vivir unha nova etapa vital. En definitiva, unha crónica da primeira parte da súa vida que nos vai permitir completar, con precisión, ese chanzo da súa biografía.
A edición deste novo volume correrá a cargo de Dolores Vilavedra, profesora da Universidade de Santiago e experta na obra de Neira Vilas, quen seguiu de preto a xestación deste proxecto canda ao seu autor.
Xa en 2019 verá a luz outro libro inédito de Xosé Neira Vilas, de corte máis intimista. Ambos libros foron atopados durante o labor de catalogación da obra do escritor na Fundación Neira Vilas.
Fotografía: Editorial Galaxia
A Xunta de Galicia pon en marcha no Centro Galego de Arte Contemporánea o Club de escoita, unha actividade na que as persoas participantes lle porán banda sonora ás creacións artísticas que acolle esta entidade pública e que está dirixida polo músico galego Santi Araújo. O proxecto, que bota a andar a tarde de hoxe e desenvolveranse ata finais de maio, complementarase cunha actividade que se desenvolverá no pub Modus Vivendi, na nova liña estratéxica do Centro Galego de Arte Contemporánea de abrir aínda máis a súa programación á sociedade en contacto co resto de accións culturais que se levan a cabo na súa contorna.
O presidente da Xunta informou de que o Consello deu luz verde ao proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma para 2027, unhas contas que contan con 15.158 millóns de euros, 'o que supón un 6,4% máis que este ano' e que inclúen 'rebaixas de impostos para as clases medias e con menos recursos, para abaratar a vivenda e facilitar a transmisión da empresa familiar'. 'Galicia aprobará as súas contas, un ano máis, en tempo e forma. O que debería ser norma e non unha excepción para todas as Administracións. Os orzamentos son a ferramenta para que calquera Goberno poida facer axeitadamente o seu traballo.