
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que o seu partido prepárase neste 2018 para gañar aos rivais, ás modas e ás enquisas, subliñando que no horizonte dos populares están as eleccións municipais de 2019, e toda a nosa organización está hoxe centrada única e exclusivamente neste grande desafío que temos por diante.
Tras reunirse previamente co Comité de Cidades, o número dous dos populares galegos anunciou que mañá celebrarán unha Xunta Directiva autonómica, un evento no que tamén estarán presentes moitos alcaldes e portavoces municipais de toda Galicia. Este fin de semana damos o pistoletazo de saída a un ano no que nos imos activar a pleno rendemento, imos cargarnos de ilusión e imos ser capaz de transmitirlle esa mesma ilusión aos veciños de cada recuncho da nosa terra, salientou.
Durante a súa intervención en rolda de prensa, Tellado tamén lembrou que esta semana cumpríronse anos desde que Alberto Núñez Feijóo se colocase á fronte dos populares galegos, ao que engadiu que non hai mellor momento para reivindicar o noso inconformismo, a nosa autoestima e o noso proxecto.
Segundo sinalou, os populares son inconformistas porque, cando as cousas van mal, fan autocrítica e traballan para mellorar; cando as cousas van ben, pensan que poden ir mellor; e porque son un partido que sabe que hai que construír desde a vitoria.
Por estes motivos, o secretario xeral do PPdeG indicou que se teñen que cargar da autoestima de ser o partido que máis se parece a Galicia, o máis votado en dous terzos dos concellos galegos, que goberna en 165 municipios da Comunidade, máis da metade deles; e que ten máis de 1.750 concelleiros ao longo e ancho da nosa terra.
Igualmente, tamén fixo referencia á autoestima de ter sido a forza política que sacou a Galicia e a España da crise económica, a que nos colocou na senda da recuperación e a creación de emprego, a que fixo que volvésemos a ser cribles ante as institucións europeas, e a que atopou uns servizos públicos quebrados e os mantivo a flote con moito esforzo.
Por último, Tellado destacou o proxecto dos populares galegos. Como manifestou, este consiste en gobernar pensando no crecemento económico e a creación de oportunidades para todos; en non ter medo ao desgaste que supón xestionar nos peores momentos, porque sabemos que o servizo público non é sempre sinxelo; en non pensar no poder polo poder, senón pensar en mellorar as institucións e poñelas ao servizo dos noso veciños; e nunha administración que non crea problemas, senón que os soluciona. E cremos que a solución hoxe non é menos Partido Popular, senón máis Partido Popular. E aquí estamos para reivindicalo.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
O voceiro de En Marea, Luís Villares, presentou as propostas de En Marea en materia económico-empresarial convidado polo Clube Financieiro Atlántico na Coruña. No encontro con empresarios e empresarias galegas Villares apuntou factores fundamentais como a necesidade de impulsar a innovación empresarial ou a aposta por unha especialización produtiva coherente coas potencialidades do noso país. Unha das cuestións que na súa opinión é destacable é o baixo número de empresas relacionadas coa innovación ou as novas tecnoloxías ou a escasa transformación de produto primario que se da en sectores como o lácteo ou dos mobles como exemplos desta realidade.
O voceiro de En Marea destacou tamén a falla de captación de investimento estranxeiro cunha porcentaxe que considerou ridícula e que valorou como un grave déficit no noso país. O marco constitucional foi outra das cuestións as que Villares fixo referencia neste encontro co empresariado galego na Coruña salientando a necesidade de avanzar cara unha lexislación que sirva para potenciar a actividade empresarial en Galicia abandonando a visión curtoplacista e apostando de xeito real polo futuro na que o concepto de territorio cobra vital importancia.
O voceiro de En Marea, ante a falla absoluta dunha política económica adecuada para Galicia por parte do Goberno do Partido Popular, presentou e debateu co empresariado as propostas de En Marea. Nesta liña destacou a necesidade de contar cun entorno institucional no que se poda confiar e que supoña o desenvolvemento dos sectores clave para o noso país. Algúns dos puntos destacados nesta liña por Villares centrouse no desenvolvemento territorial integral, aposta polo I+D+I, ter claras as potencialidades do país sen deixar de lado ningún sector no noso país, aposta pola transformación nos sectores primarios, pero tamén no sector industrial como a automoción ou metalúrxica, incorporación da robótica a industria que non se está a atender.
A sucesión de Núñez Feijóo da que tanto se está a falar estes días esperamos que veña a favor dun goberno de En Marea que permita desenvolver unhas políticas económicas que beneficien ao noso país afirmou Villares. Neste sentido lamentou unha vez máis a exclusión de Galicia do Corredor atlántico despois de se coñecer que si unirá Zaragoza e Pamplona pero do que o noso país quedará fora desta infraestrutura vital para o tecido económico-empresarial galego cun retraso que pode ser mortal para as nosas empresas.
O presidente do Clube financieiro Atlántico, Mariano Gómez-Ulla de Irazazabal, agradeceu a presenza do voceiro de En Marea no seu ciclo de conferencias e as achegas económicas presentadas desde En Marea.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.