
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu a necesidade de aproveitar o crecemento da economía para reactivar e dinamizar a comunidade e que a saída da crise chegue a todos os galegos; unha materia que Feijóo ten suspensa porque só se adica a axustar contas no canto de deseñar unha política económica ao servizo do país.
No transcurso dun almorzo con xornalistas, o líder dos socialistas galegos puxo o foco en que é o momento de que Feijóo rectifique o fracaso da súa política económica e comence a traballar para sacar adiante outra máis efectiva.Está centrado na cuestión facendística, coa consolidación fiscal e o axuste de contas como único leit motiv, sinalou, e criticou unha política de emprego sen rumbo que deixa tras de si emprego precario e baixos niveles salariais e que deriva en que o mellor escenario para moitos galegos sexa chegar a ser mileurista.
Fronte a iso, Gonzalo Caballero mostrouse partidario de fomentar a actividade industrial, de apostar polo I+D+i e de impulsar a Galicia interior, co obxectivo en mente de mellorar a calidade de vida dos galegos. Convencido de que cómpre que o crecemento sexa perceptible e real para as familias galegas, avanzou unha liña de traballo para impulsar ese cambio na política económica da Xunta. Así é que anunciou o cumprimento dun dos compromisos cos que gañou as primarias do PSdeG: a creación dun think tank do que sairán as mellores ideas e se poñerán ao servizo do país.
Presentarase, como dixo, en breves datas, e nel terá especial protagonismo o eixo económico. O PSdeG vai liderar os plantexamentos para a Galicia do futuro, proclamou Gonzalo Caballero.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.