
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou nunha rolda de prensa que espera un 2018 con máis crecemento, máis emprego e un PPdeG preparado para gañar as eleccións municipais de 2019.
Despois dun ano cuns datos económicos moito máis ca positivos, debemos esixirnos para 2018 como partido á fronte da Administración central e autonómica máis crecemento económico, máis emprego e de maior calidade, máis crecemento das exportacións e máis desenvolvemento dos nosos sectores produtivos. Segundo admitiu o número dous dos populares galegos, 2017 púxonos o listón moi alto, pero tamén nolo puxera 2016 e logramos superalo. Deste modo, apuntou que poderán seguir aproveitando o crecemento económico para pagar a débeda asumida durante os últimos anos e para mellorar os servizos públicos da nosa Comunidade, que foron, son, e serán as nosas prioridades ao longo destes anos.
Logo de máis de oito trimestres consecutivos crecendo por riba do 3%, cremos que a crise xa é un mal recordo do pasado, pero os seus efectos seguen visibles na nosa sociedade, dixo antes de aseverar que o reto dos populares seguirá a ser mellorar as condicións daqueles que aínda poidan considerarse fóra da recuperación económica. Por ese motivo, recordou que se está fomentando o emprendemento e o emprego en colectivos especialmente sensibles; complementáronse as pensións non contributivas e incrementouse o necesario os fondos da RISGA; e ampliouse a Tarxeta Benvida e a oferta de Casas Niño no Rural.
Tellado avanzou que nestes primeiros meses do ano está previsto que saian adiante a Lei de Patrimonio Natural e a Reforma da Lei de Saúde, coa que cremos que se axilizará a administración sanitaria e mellorará a calidade da asistencia nos nosos hospitais comarcais, que ademais quedarán blindados pola nova normativa.
Durante a súa intervención, o secretario xeral tamén se referiu á actividade do partido, manifestando que 2018 será un ano clave para o PPdeG, sendo a antesala das eleccións municipais de xuño do 2019. Así, despois de tomarse 2017 para a renovación a nivel local e de poñer toda a atención en fortalecer as estruturas internas, este será un ano de construír cara fóra, de presentación de proxectos para cada concello, de elaboración intensa de programas no que as comisións terán que redobrar os seus esforzos e de pechar equipos e listas.
No Partido Popular de Galicia sabemos que as eleccións non se gañan en quince días de campaña, nin en tres meses de precampaña. Son un traballo ao longo dos anos e sabemos que hai que estar a pé de rúa e preparados para darlle aos nosos veciños o que agardan de nós, indicou mentres insistía en que 2018 será o ano no que deben reivindicar a estabilidade institucional, o rigor na xestión e a garantía de crecemento que representa o PPdeG, demostrando que este modelo é exportable a todos os concellos.
O que está claro é que os galegos deben saber que o noso modelo non é o de subir impostos para dar peores servizos, como sucede en Vigo; o da precariedade institucional e a falta de confianza, como en Lugo; ou o de conseguir unha maioría para tomar posesión e logo non aprobar un orzamento, coma en Ferrol
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.